Cosmic Background Explorer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "COBE")
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cosmic Background Explorer (COBE) / Explorer 66
COBEDiagram.jpg
Diagrama de COBE.
Tipo Observatorio espacial
Organización NASA
Contratistas principais Centro Goddard de Voos espaciais, Ball Aerospace
Data de lanzamento 18 de novembro de 1989, 14:34 GMT[1][2][3]
Foguete portador Delta 5920[2][4][5]
Sitio de lanzamento Base Vandenberg da Forza Aérea[2][3][4][6]
Obxectivo da misión Estudio do radiación cósmica de fondo.[2][3][4]
NSSDC ID 1989-089A
Masa 2206 kg[2][4][6]
Potencia 750 vatios[2]
Datos orbitais
Semieixo maior 7256,4 km[1]
Inclinación 99,0 graos[1]
Apoapse 892,1 km[1]
Periapse 878,7 km[1]

Cosmic Background Explorer (COBE) foi un observatorio espacial da NASA pertencente ó programa Explorer lanzado 18 de novembro de 1989 mediante un foguete Delta 5920 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.[1][2][4][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

COBE adicouse a facer medicións da radiación de fondo cósmico de microondas a lonxitudes de onda de entre 1 micrómetro e 1 centímetro sobre toda a esfera celeste, en concreto:[2]

  • O espectro da radiación a 3 K no rango entre 100 μm e 1 cm.
  • A anisotropía da radiación a 3 K entre 3 e 10 mm.
  • O espectro e distribución angular do fondo de radiación infravermello a lonxitudes de onda de entre 1 e 300 μm.

A nave estaba dividida en dous módulos:[2]

  • O módulo de instrumentos, que incluía un termo con 650 litros de helio líquido a 1,6 K e un parasol cónico que protexía os instrumentos da luz solar.
  • O módulo base, co control de actitude, as comunicacións e os sistemas de enerxía.

O satélite estabilizábase por rotación a 1 revolución por minuto, co eixo de rotación coincidindo co eixo de simetría, eliminando así erros sistemáticos nas medicións da anisotropía e permitindo observar a luz zodiacal a varios ángulos de elongación solar. A orientación do eixo de rotación mantíñase apuntando en sentido contrario á Terra e cun ángulo de 94 graos respecto da liña Terra-Sol. A órbita de COBE era heliosincrónica, polo que sempre tiña o Sol a un lado e tapado polo parasol desde o punto de vista dos instrumentos. O tipo de órbita e o eixo de rotación permitían unha exploración completa do ceo cada seis meses.[2]

As operacións científicas finalizaron o 23 de decembro de 1993.[2]

Instrumentos[editar | editar a fonte]

COBE levaba a bordo tres instrumentos científicos:[4]

  • Far Infrared Absolute Spectrophotometer (FIRAS): permitía comparar o especto da radiación cósmica de fondo coa dun corpo negro.
  • Differential Microwave Radiometer (DMR): cartografiaba a radiación de fondo.
  • Diffuse Infrared Background Experiment (DIRBE): medía a radiación infravermella de fondo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,11,21,31,41,5 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "COBE" (en inglés). Consultado o 18 de maio de 2012. 
  2. 2,002,012,022,032,042,052,062,072,082,092,10 NASA (14 de maio de 2012). "COBE" (en inglés). Consultado o 18 de maio de 2012. 
  3. 3,03,13,2 "Note verbale dated 26 April 1990 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (90-11695). 4 de maio de 1990: 4. Consultado o 18 de maio de 2012. 
  4. 4,04,14,24,34,44,5 Gunter Dirk Krebs (2012). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: COBE" (en inglés). Consultado o 18 de maio de 2012. 
  5. 5,05,1 Mark Wade (2011). "Delta 5920-8" (en inglés). Consultado o 23 de xuño de 2012. 
  6. 6,06,16,2 Mark Wade (2011). "COBE" (en inglés). Consultado o 18 de maio de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Cosmic_Background_Explorer&oldid=3896581"