Cabana de Bergantiños

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°13′09″N 8°55′48″O / 43.21917, -8.93000

Cabana de Bergantiños
Escudo de Cabana de Bergantiños
Concello Cabana de Bergantiños.jpg
Casa do concello
Situacion Cabana de Bergantiños.PNG
Situación
Xentilicio[2] cabanés/cabanesa
bergantiñán/bergantiñá[1]
Xeografía
Provincia Provincia da Coruña
Comarca Comarca de Bergantiños
Poboación 4.347 hab. (2017)
Área 99,8 km²
Densidade 43,56 hab./km²
Entidades de poboación 144 repartidas en 10 parroquias
Capital do concello A Carballa (Cesullas)
Política (2015)
Alcalde José Muíño Domínguez (PPdeG)
Concelleiros BNG: 1
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 3
Eleccións municipais en Cabana de Bergantiños
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes 88,66%
Na rede
www.cabana.gal
cabana@concello-cabana.es

Cabana de Bergantiños é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños. Segundo o INE a súa poboación no ano 2016 era de 4.446 habitantes dos cales 2.172 eran homes e 2.274 eran mulleres[4](4.552 no 2015, 4.623 no 2014, 4.716 no 2013, 4.759 no 2012, 4.865 no 2011, 4.909 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cabanés[1] ou bergantiñán[1] .

Xeografía[editar | editar a fonte]

Situación[editar | editar a fonte]

Cabana de Bergantiños localízase no extremo occidental da comarca de Bergantiños na provincia da Coruña, en plena Costa da Morte. Limita ao norte co río Anllóns que o separa do concello de Ponteceso, ao leste co concello de Coristanco, ao sur co concello de Zas, e ao oeste co concello de Laxe e co estuario do río Anllóns que forma a fronte máis meridional da ría de Corme e Laxe.

Noroeste: Ría de Corme e Laxe Norte: Ponteceso Nordeste: Ponteceso
Oeste: Laxe Rosa de los vientos.svg Leste: Coristanco
Suroeste: Laxe Sur: Zas Sueste: Coristanco
Casa das asociacións, edificio no que se atopaba anteriormente a casa consistorial.

Aínda que hoxe en día a capital do concello esta situada no lugar da Carballa, parroquia de Cesullas, nun principio estivo no lugar de Cabana (de aí ben o nome do concello), máis tarde chegou a estar nun edificio, hoxe en día en ruínas, situado no lugar do Bosque e ata hai poucos anos estivo situada no lugar da Áspera en cuxo edificio está agora a Casa das asociacións.

Superficie[editar | editar a fonte]

Cabana ten unha superficie de 99,8 km²[5] repartidos en 10 parroquias.

Orografía[editar | editar a fonte]

No concello destacan os seguintes montes:

  • Borneiro (371 metros de altitude).
  • Lourido (312 metros de altitude).
  • O Castelo (318 metros de altitude).
  • O Gontón.
  • Perrol (de 438 metros de altitude).
  • Vilariño.

Hidrografía[editar | editar a fonte]

O río principal é o Anllóns, que baña o norte do concello e fai de fronteira co concello de Ponteceso. A ladeira oriental do concello encontrase percorrida por varios regatos que teñen os seus correspondentes nacementos nas ladeiras montañosas do concello. A rede fluvial da zona está formada por ríos que dirixíndose cara o norte, verten o seu caudal no río Anllóns.

Ríos[editar | editar a fonte]

Vista desde a parroquia de Canduas da desembocadura do río Anllons.

O río Anllóns que atravesa e limita polo norte no seu curso co concello de Ponteceso ata desembocar formando a enseada da Insua que o separa da ría de Corme e Laxe por unha lingua de area, que sae desde O Couto (Ponteceso) chamada A Barra e polo illote de A Tiñosa que de marea baleira forma unha península coa Barra.

Dentro de Cabana os ríos máis importantes són o río Cundíns e o río da Balsa que verten as súas augas no Anllóns.

Regatos[editar | editar a fonte]

  • Río do Reguenco.
  • Rego dos Muíños, chamado así debido aos numerosos muíños de auga que había e que aínda se conservan, pero nun estado lamentable de conservación. Hoxe en día dispón dunha senda fluvial que permite o paseo a carón do río.
  • Río da Balsa.

Clima[editar | editar a fonte]

O clima neste concello é suave cunha media de 14 °C e unhas precipitacións de arredor dos 1.350 mm.

Flora[editar | editar a fonte]

A vexetación cobre aproximadamente o 55% da superficie do concello destacando as repoboacións de piñeiros e eucaliptos que cambiaron a vexetación autóctona.

Demografía[editar | editar a fonte]

Censo total 2014 4.623 habitantes
Menores de 15 anos 386 (8.35 %)
Entre 15 e 64 anos 2.828 (61.17 %)
Maiores de 65 anos 1.409 (30.48 %)
Evolución da poboación de Cabana de Bergantiños   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017
4.727 5.232 6.772 6.991 5.354 4.985 4.865 4.759 4.716 4.623 4.552 4.623 4.347
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia[editar | editar a fonte]

Prehistoria e Idade Antiga[editar | editar a fonte]

Vista da entrada ao dolmen de Dombate custodiada por ídolos de pedra.

O Dolmen de Dombate, símbolo da cultura megalítica galega, e o castro de Borneiro, ambos na parroquia de Borneiro dan fe da poboación na antigüidade no municipio. Ademais existen uns oito recintos castrexos.

A Vía Per Loca Marítima que cruzaría o río Anllóns por Ponteceso camiño de Corme e as minas de Corcoesto[6] dan fe da presenza dos romanos. Tamén aparecen vestixios romanos nas igrexas de Cundíns, Cesullas e Riobo.

Idade Moderna[editar | editar a fonte]

Os pazos de Canduas, Corcoesto, Nantón, O Bosque (Cesullas) e a Torre da Penela son vestixios da Idade Moderna, estes últimos atopanse bastante abandonados.

Ao século XVIII corresponden os retablos das igrexas de Nantón e Riobó. Nesta última atópanse os cadaleitos dos Condes da Penela. Nesta mesma parroquia está a torre da Penela.

Cultura[editar | editar a fonte]

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Patrimonio arqueolóxico[editar | editar a fonte]

Torre da Penela

Patrimonio cultural[editar | editar a fonte]

Etnografía[editar | editar a fonte]

Festas e celebracións[editar | editar a fonte]

Nas festas hai que distinguir entre as oficiais do municipio e as das parroquias.

A Romaría de San Fins do Castro é a festa oficial do concello e celébrase o 1 de agosto na honra de San Fins do Castro.

Festas das parroquias.
  • Anos:
Santo Estevo, día 26 de decembro.
  • Borneiro:
San Xoán, día 24 de xullo.
Romaría do Carme do Briño, día 18 de xullo no lugar do Briño.
  • Canduas:
San Bras, día 3 de febreiro.
Virxe do Carme, o 28 de agosto.
San Antonio, o 29 de agosto.
San Martiño, día 11 de novembro.
San Lucía, día 13 de decembro.
  • Cesullas:
Virxe do Carme, o 1º domingo do mes de xullo no lugar de Neaño.
Virxe do Carme, o 10 de agosto no lugar de San Fins.
Santo Estevo, día 29 de decembro.
  • Corcoesto:
Romaría de Santa Mariña do Remuiño, día 22 de xullo
  • O Esto:
San Ramón, o 31 de agosto.

Gastronomía[editar | editar a fonte]

Podemos gozar da rica gastronomía da zona onde teñen especial interese os produtos da horta o caldo galego xunto co cocido e os produtos derivados do cocho, así como os lácteos en xeral.

Economía[editar | editar a fonte]

A agricultura e a gandería en Cabana teñen un peso de certa importancia na economía municipal sendo os cultivos como o millo e a pataca os que máis destacan neste eido.

En Canduas a carpintería de ribeira tamén ten a súa importancia as beiras do río Anllóns, aínda que a crise que está pasando o sector da pesca esta poñendo en perigo esta actividade.

Como chegar[editar | editar a fonte]

Desde A Coruña, chégase pola estrada C-552 que vai ata Fisterra, pasando por Arteixo, Paiosaco e A Laracha e ó chegar a Carballo (capital da comarca de Bergantiños) hai que desviarse cara a Malpica de Bergantiños ata chegar a Buño. Aí cómpre desviarse cara a Ponteceso e despois cara Cabana.

Ao pasar Carballo tamén se pode continuar pola C-552 sen desviarse ata Baio (concello de Zas) pasando por Coristanco, Agualada e Natón (xa en Cabana de Bergantiños).

Desde Santiago de Compostela chégase pola estrada C-545 ata Portomouro, e alí cómpre desviarse cara a Santa Comba, Zas e Baio, e aí coller o desvío cara a Borneiro.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,11,2 Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 43. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  2. Véxase no Galizionario.
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014. 
  4. Páxina do Instituto Nacional de Estatística
  5. Fernández Carrera, Xan (2001). "Concello de Cabana de Bergantiño". Descubre a Comarca de Bergantiños. p. 193. 
  6. hoxe en día están outra vez en estudo para unha posible reapertura Una empresa canadiense compra la mina de Corcoesto para extraer oro
  7. A Xunta dá luz verde ao proxecto sectorial do Parque do Megalitismo da Costa da Morte

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cabana de Bergantiños

Anos (Santo Estevo) | Borneiro (San Xoán) | Canduas (San Martiño) | Cesullas (Santo Estevo) | Corcoesto (San Pedro) | Cundíns (San Paio) | O Esto (San Xoán Bautista) | Nantón (San Pedro) | Riobó (San Martiño) | A Silvarredonda (San Pedro)

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Cabana_de_Bergantiños&oldid=4670439"