Caciquismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Caricatura satírica do semanario La Flaca que ironiza sobre a farsa electoral. Con Sagasta no frente, aparece unha comitiva de caciques, sicarios, forzas da orde pública, labregos e obreiros prisioneiros e a manipulación das papeletas facendo votar aos mortos

O caciquismo foi unha práctica política que tivo o seu maior auxe durante a época da Restauración Borbónica, empregando o sistema de encadramento, pucheirazo, "resurrección de mortos" etcétera.

Características[editar | editar a fonte]

«Mapa del caciquismo en España».[nota 1]

Este sistema caracterízase por un peculiar sistema de elección de candidatos denominado sistema de quendas, no que o cacique formaba parte da oligarquía local encargada de someter ó pobo con restricións económicas e sociais, co último fin de afianzar as súas redes de compromiso co goberno central.

Cita de Castelao sobre o caciquismo:

O caciquismo galego deixará de existir cando se lexisle para Galiza e os labregos se sintan amparados pola Lei, sen medo á Xusticia
Rodríguez Castelao, Alfonso Daniel. Sempre en Galiza

En Galiza, o caciquismo ten unha longa historia[1], a tal punto que "as discusións acerca da pervivencia ou non do caciquismo en Galiza e baixo que formas parece ser un dos tópicos permanentes dos debates". Hoxe, algunhas das prácticas mantéñense e son obxecto de polémica, especialmente o reconto de votos de persoas falecidas[2]. Por outra banda, tamén é habitual recoñecer os designamentos a dedo como unha das máis estendidas prácticas caciquís[3].

Literatura[editar | editar a fonte]

A figura do cacique como máximo expoñente do caciquismo ten sido tratada en numerosas ocasións tanto na literatura galega, como é o caso por exemplo da novela A Besta! de Patricio Delgado Luaces ou máis recentemente o de Casa Skylab de Santiago Jaureguízar, como na literatura en castelán escrita por galegos, como sucede coa novela O anarquista, da autoría de Leandro Pita Romero.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «…Áraba: Urquijo, Albacete: Ochando, Alacant: Capdepón, Almería: Navarro Rodrigo, Ávila: Silvela. Badaxoz: Gálvez Holguín. Baleares: Maura. Barcelona: Comillas. Burgos: Liniers. Cáceres: Camisón. Cádiz: Auñón. Canarias: León y Castillo. Castellón: Tetuán. Ciudad Real: Nieto. Córdoba: Vega Armijo. A Coruña: Aureliano Linares Rivas. Cuenca: Romero Girón. Xirona: Llorens. Granada: Aguilera. Guadalajara: Romanones. Guipúscoa: Sánchez Toca. Huelva: Monleón. Huesca: Castelar. Lleida: Duque de Denia. Logroño: Salvador. Lugo: Benigno Quiroga Ballesteros. Madrid: La bola de Gobernación. Málaga: Romero Robledo. Murcia: García Alix. Navarra: Mella. Ourense: Gabino Bugallal. Oviedo: Pidal. Palencia: Barrio y Mier. Pontevedra: José Elduayen. Salamanca: Tamames. Santander: Eguillor. Segovia: Oñate. Sevilla: Ramos Calderón. Soria: Vizconde de los Asilos. Tarragona: Bosch y Fustegueras. Teruel: Castel. Toledo: Cordovés. Valencia: Jimeno. Valladolid: Gamazo. Viscaia: Martínez Rivas. Xaén: Almenas. León: Gullón. Zamora: Requejo. Zaragoza: Castellano.»
Referencias
  1. Caciquismo[Ligazón morta], artigo de José Luis Pintos, da USC
  2. Xornal de Galicia proba que os motos votan en Galiza Arquivado 04 de marzo de 2011 en Wayback Machine. Nova aparecida en Xornal de Galicia o 15 de xaneiro de 2009 (en castelán)
  3. Practicas caciquis nos nomeamentos Nova aparecida en Vieiros o 30 de xullo de 2009

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Caciquismo&oldid=4890204"