Caixa HMG

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Caixa HMG (grupo de alta mobilidade)
HMG-box
2LEF.png
Estrutura de RMN do dominio de caixa HMG da proteína LEF1 (cores do arco da vella, N-terminal = azul, C-terminal = vermello) en complexo co ADN (marrón) baseado en PDB 2LEF.
Identificadores
Símbolo PF00505
Pfam PF00505
InterPro IPR009071
SCOP 1hsm
SUPERFAMILY 1hsm

En bioloxía molecular, a caixa HMG ou HMG-box (do inglés high mobility group box, caixa do grupo de alta mobilidade) é un dominio proteico que está implicado na unión ao ADN.[1]

Estrutura[editar | editar a fonte]

A estrutura do dominio de caixa HMG contén tres hélices alfa separadas por bucles (ver figura da dereita).[2]

Función[editar | editar a fonte]

As proteínas que conteñen a caixa HMG só se unen a ADN que non está na conformación de tipo B (retrocido ou desenroscado) con alta afinidade.[1] Os dominios de caixa HMG encóntranse en proteínas do grupo de alta mobilidade, que están implicadas en procesos de regulación dependentes do ADN como a transcrición, replicación do ADN e reparación do ADN, para todos os cales cómpre un cambio de conformación da cromatina.[2] As proteínas de caixa HMG simple ou dobre alteran a arquitectura do ADN ao induciren nel curvaturas unha vez que se unen.[3][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,1 Stros M, Launholt D, Grasser KD (October 2007). "The HMG-box: a versatile protein domain occurring in a wide variety of DNA-binding proteins". Cell. Mol. Life Sci. 64 (19–20): 2590–606. PMID 17599239. doi:10.1007/s00018-007-7162-3. 
  2. 2,02,1 Thomas JO (August 2001). "HMG1 and 2: architectural DNA-binding proteins". Biochem. Soc. Trans. 29 (Pt 4): 395–401. PMID 11497996. doi:10.1042/BST0290395. 
  3. D. Murugesapillai et al, DNA bridging and looping by HMO1 provides a mechanism for stabilizing nucleosome-free chromatin, Nucleic Acids Res (2014) 42 (14): 8996-9004
  4. D. Murugesapillai et al, Single-molecule studies of high-mobility group B architectural DNA bending proteins, Biophys Rev (2016) doi:10.1007/s12551-016-0236-4

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Caixa_HMG&oldid=4944843"