Calabor, Pedralba de la Pradería

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Calabor é unha das cinco aldeas que forman o concello de Pedralba de la Pradería, na provincia de Zamora, na zona das Portelas. Con 116 habitantes, é a única delas na que se fala galego a parte do castelán. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «calaborés»[1].

Estaba unido ó territorio galegofalante das Portelas mediante o sur do concello de Requeixo que tamén era de fala galega mais ficou despoboado.[1]

Economía[editar | editar a fonte]

A aldea de Calabor ten como fonte económica a agricultura, a gandería, o balneario, a embotelladora de augas minerais e un parque eólico. Hai máis de catro décadas, Calabor era unha localidade que baseaba a súa economía nas minas de estaño que ten no seu territorio, así como o antigo balneario e embotelladora de augas de Calabor. Actualmente estase realizando un novo proxecto que fomenta a riqueza desta poboación sanabresa, o cal consiste nun novo balneario para todos aqueles turistas e viaxeiros que queiran gozar das súas augas mineiro-medicinais.

As augas

Coñecidas dende a época da dominación romana, as augas de Calabor foron explotadas dende tempo inmemorial. Ata mediados do século XX funcionou un balneario no lugar no cal chegou a aloxarse Eugenia de Montijo, emperatriz dos franceses.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Calabor,_Pedralba_de_la_Pradería&oldid=4973369"