Calcuta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.

Coordenadas: 22°34′01″N 88°22′01″L / 22.567, 88.367

Calcuta
কলকাতা
Kolkata Imgs.jpg
Localización
Calcuta en India
Calcuta
Calcuta
País Flag of India.svg India
Estado Bengala Occidental
Xeografía
Altitude 9 msnm
Superficie 185 km²
Demografía
Poboación 4.486.679 hab. (2011)
Densidade 24.000 hab./km²
Xentilicio calcutense
Outros datos
Código postal 7000 xx, 7001 xx
Alcalde Sovan Chatterjee
Páxina oficial

Calcuta[1][2], de nome oficial Kolkata (কলকাতা), (ata o 1 de xaneiro, de 2001, oficialmente Calcutta), é a capital do estado indio de Bengala Occidental. O seu nome orixinal era Kolikata (en bengalí: কলিকাতা) que aínda se utiliza na literatura culta. É coñecida como "a cidade da ledicia" e "a cidade dos palazos". Tamén se coñece como "Michhil Nagari" (মিছিল নগরী).

No seu día foi a cidade máis poboada da India, aínda que na actualidade é superada por Mumbai. Se se inclúe a súa poboación metropolitana, é unha das dez cidades máis poboadas do mundo, cuns 12 millóns de habitantes.

Historia[editar | editar a fonte]

A historia de Calcuta comeza en 1690, cando existían tres poboados bengalís na beira leste do río Hugli: Sutanuti, Kalicata e Gobindapur. Nese ano Job Charnock da Compañía Británica das Indias Orientais, estableceu un posto comercial na primeira, e pouco despois nas aforas das outras dúas[3]. Entre 1696 e 1706 construíron unha fortaleza (o vello Fort William) en Kalicata[4].

A primitiva Calcuta articulábase desde o forte, onde se protexían a casa do gobernador e os almacéns da Compañía, con dúas rúas principais: unha norte-sur, antiga vía de peregrinación cara ao templo de Kalighat, e unha oeste-leste ou Avenue, partindo do forte con St. Anne nun lado e o Tank no outro (depósito de auga e parque, actual praza BBD Bagh), ata os lagos e pantanos que protexían a cidade polo nacente. En 1742 acometeuse a cava dunha rede de trincheiras por temor a unha invasión [5] , coñecido como Maratha Ditch que rodea o territorio das tres primeiras poboacións. Ata hoxe, estes elementos persisten configurando as liñas mestras do corazón da metrópole: Chowringhee, rúa principal da cidade, Bow Bazar e Circular Road unha vez recheado o foxo (1804) marcando os límites da vella Calcuta.

En 1756 os bengalís atacaron e destruíron o forte e conquistan brevemente a cidade. Despois de reconquistala, a primeira tarefa dos británicos foi erixir un novo forte, desta vez con todas as garantías defensivas. É ó Fort William levantado en Gobindapur entre 1758 e 1781, para o que se desprazou a toda a poboación nativa, (os antepasados de Rabindranath Tagore incluídos), e cun baleiro ó redor de grandes proporcións que chegou ata a actualidade coma o gran parque de Calcuta, o Maidán.

No 1772 a cidade foi designada capital da India británica, o que marcou o comezo dunha época de crecemento: drenaxe dos terreos pantanosos, área gobernamental entre dúas rúas, Old Court House e Old Council House, paralelas ao río desde o área do vello forte ata a Esplanade (Maidán) coa Casa do Goberno presidindo o enorme baleiro[6]. Este crecemento alcanzou o seu cumio no mandato do gobernador R. Wellesley (1797-1805), cando a capital recibiu o alcume de Cidade de Pazos. Mais Calcuta estruturábase dende o comezo en dúas áreas ben diferenciadas: a White Town, británica, na metade sur (a dos pazos en torno ao Maidán); e a Black Town, nativa, na metade norte, insalubre e pestilente (foron implementadas medidas para a mellora das condicións entre 1814 e 1836)[7].

Fort William en 1828, acuarela de William Wood.
Ponte Howrah.

A partir de 1854, coa construción do ferrocarril e a Grand Trunk Road (Calcuta-Peshawar) na beira oeste do río (en Howrah, unión por pontóns en 1874 e ponte en 1943, a cidade a través do seu porto converteu a todo o norte da India na súa área de influencia [8]. Mesmo o sector indio de Calcuta converteuse nun activo centro de comercio, masificándose aínda máis. O final do século XIX marcou o apoxeo da metrópole coma capital intelectual do subcontinente.

Calcuta en 1945, un importante porto militar da Segunda Guerra Mundial.

Pola contra, o século XX significou a perda progresiva de poder e influencia a consecuencia dos avatares xeopolíticos. En 1912 perdeu a capitalidade da India británica en favor de Delhi e no 1947 a da Bengala oriental en favor de Dacca, que coa súa independencia posterior coma Bangladesh (1971) deu a puntilla a cidade ao lle arrebatar a maior parte da súa área de influencia natural. Ademais supuxo o agravamento dos problemas sociais pola grande afluencia de refuxiados non musulmáns do leste, o que a levou a fama mundial coma cidade da extrema miseria.

Deportes[editar | editar a fonte]

Os deportes máis populares na cidade son o Críquet, coma no resto da India, e o fútbol, sendo o principal polo deste deporte no país.

A federación local, a Indian Football Federation de fútbol fundouse en 1893, antes que a Federación da India, e dixire este deporte en todo o Estado de Bengala Occidental. Na cidade tamén teñen a súa sede os principais equipos do país, o Mohan Bagan Athletic Club, o Mohammaden Sporting Club e o East Bengal Club. A Calcutta Football League é unha das ligas máis antigas de Asia.

Calcuta é a sede do Calcutta Cricket and Football Club, fundado en 1792 é o segundo club de críquet do mundo. Na actualidade tamén é a sede do Kolkata Knight Riders, que compite na Indian Premier League.

En canto a instalacións a cidade ten numerosos e importantes centros de deporte, coma o Eden Gardens, ún dos dous únicos estadios de críquet do mundo con 100.000 asentos. O Estadio Multiusos Saltlake é o segundo estadio de fútbol do mundo en canto a capacidade[9].

Calcuta tamén marcou fitos da historia do deporte noutros ámbitos, coma co Royal Calcutta Golf Club, primeiro club de golf fora do Reino Unido[10], ou co Calcutta Polo Club, fundado no 1862 e considerado como o club de Polo máis antigo do mundo[11].

Cidadáns destacados[editar | editar a fonte]

Categoría principal: Nados en Calcuta

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524. 
  2. Por exemplo en Alonso, Fran. IGADI, ed. "O secuestro dos elefantes". Palabras con Fondo. 
  3. Mapas vellos de Calcuta
  4. Gravados e cadros de Calcuta nos séculos XVII e XVIII
  5. ""The Maratha Menace" Kalkuta Jornal". Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2015. Consultado o 27 de agosto de 2015. 
  6. Cadros e gravados de Calcuta no século XIX
  7. Mapa de Calcuta na primeira metade do século XIX
  8. Mapa de Calcuta en 1901.
  9. http://www.worldstadiums.com/stadium_menu/stadium_list/100000.shtml
  10. http://global.britannica.com/EBchecked/topic/511285/Royal-Calcutta-Golf-Club[Ligazón morta]
  11. "{title}". Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2006. Consultado o 17 de xaneiro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Calcuta&oldid=4890261"