Camerún

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
República de Camerún
République du Cameroun
Republic of Cameroon
Bandeira de Camerún
Escudo de Camerún
BandeiraEscudo
Cameroon (orthographic projection).svg
Himno: Chant de Ralliement
Capital
 • Poboación
Yaoundé
1 430 000 (2004)
Cidade máis poboadaDuala
Linguas oficiaisFrancés, inglés
Forma de gobernoRepública
Presidente
Primeiro Ministro
Paul Biya
Philémon Yang
Independencia De Francia e do Reino Unido1 de xaneiro de 1960
SuperficiePosto 53º
 • Total475 440 km²
 • % auga1,3
Fronteiras4 591 km
Costas402 km
PoboaciónPosto 58º
 • Total (2013[1])20 549 221 hab.
 • Densidade34 hab./km²
PIB (nominal)
 • Totaln/d
 • per cápitan/d
PIB (PPA)Posto 96º
 • Total (2012)50 320 millóns US$[1]
 • per cápita2 300 US$[1]
MoedaFranco CFA (XAF)
IDH (2007)0,532 (144º) – Medio
XentilicioCamerunés, camerunesa[2]
Fuso horarioUTC+1
 • Horario de veránNon aplica
Dominio de Internet.cm
Prefixo telefónico+237
Prefixo radiofónicoTJA-TJZ
Código ISO120 / CMR / CM
Membro de: ONU, Commonwealth, UA

Camerún[2] (en francés: Cameroun; en inglés: Cameroon), oficialmente República de Camerún (en francés: République du Cameroun; en inglés: Republic of Cameroon) é un país africano. Limita ao oeste e o norte con Nixeria, ao leste con Chad e a República Centroafricana, ao sur coa República do Congo, Gabón e Mbini (Guinea Ecuatorial) e ao leste co golfo da Guinea, a través do cal fai fronteira coa Guinea Ecuatorial, cara á illa de Bioko. A súa capital é Yaoundé.

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia do Camerún.

Os primeiros habitantes do que hoxe é Camerún foron os baka, un pobo pigmeo que logo da migración bantú quedou reducido aos lugares máis inaccesibles. Os portugueses chegaron á costa camerunesa a fins do século XV e comezos do XVI, a malaria non permitiu que estableceran asentamentos permanentes. Os primeiros asentamentos estables europeos datan de finais da década de 1870, cando o uso da quinina fixo posible combater a malaria. No inicio, os europeos estaban sobre todo interesados en comerciar, o que facían na zona costeira, e adquirir escravos. O comercio de escravos foi reprimido a mediados do século XIX, aínda no remate dese século instaláronse no Camerún misións cristiás, as cales continúan a desempeñar un papel na vida do país.

O 5 de xullo do 1884 a totalidade do territorio camerunés e algúns territorios veciños tornáronse a colonia alemá de Kamerun, coa capital situada primeiramente en Buea e despois en Yaoundé. Despois do final da Primeira Guerra Mundial, o Reino Unido e a Francia dividiron esta colonia, cabendo á Francia a maior área, sendo as zonas máis distantes transferidas para o dominio doutras colonias francesas, e gobernando o restante a partir de Yaoundé.

O Camerún francés acadou a independencia no 1960 baixo a denominación de República do Camerún. Ao ano seguinte, a maioría musulmá do norte, que dominaba dous terzos do Camerún británico, votou pola adhesión á Nixeria, en canto que no sur a maioría cristiá, votou de forma que o outro terzo do Camerún británico se adherise á República do Camerún, formando a República Federal do Camerún.

Goberno e política[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Goberno e política de Camerún.
O presidente Paul Biya.

Goberna desde 1982 Paul Biya da Alianza Democrática Popular (APDC). A APDC tamén obtivo o control do Parlamento en 1992 e Bija foi reelixido ese ano e en 1997. O principal grupo de oposición, o Fronte Socialdemócrata, cuestionou o resultado deses comicios. En 1997, o seu candidato, John Ndi, rexeitou a vitoria de Bija.

No século XXI, a minoría anglófona dos territorios do oeste incrementou as súas protestas contra o goberno central do país (de maioría francófona) en favor dunha maior autonomía política ou unha eventual secesión, chegando a declarar a independencia da rexión o 1 de outubro de 2017. Segundo a ONU, Camerún tiña en 2018 arredor de 250.000 desprazadas internos[3].

Organización político-administrativa[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Organización territorial de Camerún.

O Camerún dividense en dez provincias, respectivamente:

Provincias
1 Adamaoua
2 Centro
3 Este
4 Extremo-Norte
5 Litoral
6 Norte
7 Nor-Oeste
8 Oeste
9 Sur
10 Sur-Oeste.
Cameroon Provinces numbered 300px.png

A maior parte desta provincias foron definidas na década de 1960. As provincias Centre e Sud xorden da ruptura da provincia Centre-Sud en 1983, no mesmo ano, Adamaoua e Extreme-Nord xorden debido á escisión da provincia Nord.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Xeografía de Camerún.
Mapa de Camerún.

Camerún atópase situado no golfo da Guinea.

Limita ao norte e ao oeste con Nixeria, ao sur con Gabón e coa Guinea Ecuatorial, ao leste coa República Centroafricana e Chad. Ao oeste limita co océano Atlántico.

No país distínguense varias rexións. Unha delas é a rexión litoral que vai desde a costa fronteiriza con Nixeria ata a fronteiriza coa Guinea Ecuatorial. A cidade máis importante da costa de Camerún é Buea. Posteriormente a altura do país vaise elevando gradualmente: así, Douala atópase case ao nivel do mar, no estuario do río Wouri e Yaoundé atópase situada xa a uns 700 metros sobre o nivel do mar. Pasado Yaoundé atópase un macizo montañoso que separa esta zona do país da do norte. A cidade máis importante desta zona montañosa é Tibesti. O norte o territorio é máis chairo. As cidades máis importantes do norte de Camerún son Garoua e Maroua. No extremo norte do país atópase unha porción do lago Chad. No sur e o sueste o territorio convértese en selva, a cal vaise facendo máis espesa a medida que nos achegamos á fronteira coa República do Congo. Na meseta oeste, na fronteira con Nixeria, atópase a zona anglófona do país, cuxa cidade máis importante é Bamenda.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Camerún.

Ten reservas petroleiras que son explotadas moderadamente por empresas francesas e norteamericanas. Os principais produtos agrícolas son cacao, café e bananas pero a agricultura está moito máis diversificada ao momento de que o país se autoabastece de alimentos. Tamén hai explotación forestal.

A Unión Europea é o principal socio comercial de Camerún.

Demografía[editar | editar a fonte]

Casas obús do norte de Camerún.
Artigo principal: Demografía de Camerún.

Ao ano 2007, Camerún ten unha poboación de 18 000 000 habitantes. O 99% é negra e o restante 1% é branca (europeos ou descendentes). Os dous idiomas oficiais son o inglés e o francés. A esperanza de vida é de 52 anos. A media de fillos por muller é de 4,49. O 79% da poboación está alfabetizada. Calcúlase que o 7% da poboación está infectada co VIH (virus da sida).

Cultura e educación[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Cultura de Camerún.

En educación, existiron dous sistemas, un en inglés e o outro en francés logo da independencia. O sistema do Camerún do Leste foi baseado no modelo francés, Camerún do Oeste uso o modelo británico. Os dous sistemas foron combinados no ano 1976. As escolas cristiás e misioneiras foron unha parte importante do sistema educativo. Nas áreas meridionais do país case todos os nenos da idade de educación primaria asisten á escola. Con todo, no norte, sempre foi unha parte illada do Camerún, o absentismo escolar é alto. A maioría dos estudantes en Camerún non chega máis aló do nivel primario.

O país conta con tres universidades: Universidade de Yaoundé I, Universidade de Yaoundé II (con campus fóra da cidade), e a Universidade Católica para África Central (UCAC).

Deportes[editar | editar a fonte]

A mellor participación de Camerún nos Xogos Olímpicos foi en Atenas 2004. A Selección de fútbol gañou a medalla de ouro nas xustas.

Outros logros destacados da selección de fútbol de Camerún foi ser o primeiro equipo africano en chegar aos cuartos de final, na Copa Mundial de Fútbol de 1990. Desde ese entón o equipo ten o alcume de "Os Leóns Indomables".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,11,2 CIA. "The World Factbook". Consultado o 6 de agosto de 2013. 
  2. 2,02,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para camerunés.
  3. L’1 d’octubre camerunès, Diari Ara, 25 de agosto de 2018 (en catalán).
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Camerún&oldid=4865027"