Camiño Español

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

O Camiño Español ou en francés "Chemin des Espagnols" é o conxunto de rutas empregadas polos exércitos da monarquía hispánica para fornecer de soldados aos antigos Países Baixos españois dende a península Itálica, durante a Guerra dos Oitenta Anos.

Antecedentes[editar | editar a fonte]

As tropas de guarnición que os Países Baixos precisaban, adoitaban ser enviadas pola coroa en barco. A vía a través do Cantábrico funcionou na primeira metade do século XVI, cando a amizade con Inglaterra e o dominio naval de España propiciaban unha navegación segura así como o uso do profundo porto de Calais en mans inglesas[1]. Tras 1558 coa conquista francesa de Calais, a conformación en 1568 da "armée sur mer" e as escaramuzas dos Esmoleiros do Mar, a ruta marítima para o suministro de homes e diñeiro a Flandres fíxose inviable, chegando a maioría das expedicións hispanas a non acadar o seu destino. Coa necesidade de mandar máis efectivo, ante o comezo da Guerra de Flandres, a alternativa terrestre foi estudada. Esta alternativa foi proposta por primeira vez polo cardeal Granvela, en 1563, cando Felipe II pensaba visitar Flandres.

Itinerario[editar | editar a fonte]

O camiño español non conta cun trazado estático ao longo dos anos nos que foi empregado, senón que este ía variando en función da xeopolítica de cada momento. Nun estado inicial, este atravesaba territorios pertencentes a propia coroa española ou aliados da mesma. Partindo do Milanesado, cruzaba os Alpes para chegar ao río Rin, alcanzando Flandres por Alsacia e Lorena. A través do mesmo, os terzos surtíanse dos recrutas máis demandados no momento, os españois e italianos. Dende a península ibérica as tropa recrutadas maioritariamente en Castela, partían empregando os portos de Barcelona e Valencia ata Xénova.

Referencias[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Parker, Geoffrey (2010). El ejército de Flandes y el Camino Español 1567-1659. (en Castelán). Madrid: Alianza Editorial. 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Parker, Geoffrey (2010). El ejército de Flandes y el Camino Español 1567-1659. (en Castelán). Madrid: Alianza Editorial. p. 91. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Camiño_Español&oldid=4607321"