Camilo Nogueira Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Camilo Nogueira Martínez
Relevo mural na estación marítima. Esquerda.
Relevo mural na estación marítima. Esquerda.
Dereita.
Dereita.


Nome completoCamilo Nogueira Martínez
Data de nacemento22 de xullo de 1904.
Lugar de nacementoConcello de Lavadores.
Data de falecemento2 de marzo de 1982.
Lugar de falecementoibídem.
ÁreaEscultor.
EducaciónEscola Municipal de Artes e Oficios de Vigo e Real Academia de Belas Artes de San Fernando
ObrasDestaca Natureza (madeira).
Influenciado porGustav Vigeland
Influencia aXoán Piñeiro Nogueira e Silverio Rivas
CónxuxeTeresa Román.
FillosTres (un deles Camilo Nogueira Román).
editar datos en Wikidata ]

Camilo Nogueira Martínez, nado o 22 de xullo de 1904 no daquela concello de Lavadores[1] e finado o 2 de marzo de 1982 ibídem, foi un escultor e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, onde logo sería profesor de alumnos como Xoán Piñeiro Nogueira ou Silverio Rivas.

Foi, xunto con Manuel Colmeiro, Arturo Souto, Manuel Torres, Carlos Maside e outros, bolseiro da Deputación Provincial de Pontevedra, grazas ao que puido ir á Real Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid.

Obra[editar | editar a fonte]

Na súa obra distínguense tres etapas. Na primeira, antes da guerra civil, Nogueira, de familia de carpinteiros, traballaba na madeira. Obras desta etapa atópanse no Museo de Pontevedra.

Da segunda etapa, tamén en madeira, especialmente acacia australiana, freixo e buxo, hai obras no Museo Quiñones de León, no Pazo de Castrelos de Vigo.

Na terceira etapa empregou o barro e a pedra. Varias obras desta etapa están espalladas polas rúas de Vigo. Por exemplo o mural da estación marítima (1955), as esculturas Vida, Transportes, Accidentes e Incendios e a do chafrán do Edificio Aurora Polar da Rúa Urzáiz esquina República Arxentina (1959), o busto do papa Xoán XXIII na Rúa Conde de Torrecedeira (1965), a Pescantina e Mariñeiros portando o escudo da cidade de Vigo (1969) na Fortaleza do Castro, O forxador e O mariñeiro da Praza de Compostela ou o Monumento ó emigrante (1971) da Praza de América.

Foi dirixente local do Partido Galeguista.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casado coa modista Teresa Román, foi pai do político Camilo Nogueira Román. O concello de Vigo adicoulle a Rúa Escultor Nogueira.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Pescantina e Mariñeiros portando o escudo da cidade
Nenos con escudos, no Paseo de Alfonso XII. 
Alborada, Alameda da Praza de Compostela. 
Monumento ó emigrante, (1971), Praza de América.[3] 

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Camilo_Nogueira_Martínez&oldid=4548678"