Campio Carpio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Campio Carpio
Nacemento10 de outubro de 1902
 Vigo
Falecemento28 de setembro de 1989
 Buenos Aires
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e escritor
editar datos en Wikidata ]

Campio Pérez Pérez, coñecido co pseudónimo de Campio Carpio, nado en Vigo o 10 de outubro de 1902 e finado en Buenos Aires o 28 de setembro de 1989, foi un escritor e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cando contaba con 17 anos e antes que o enviasen á Guerra de Marrocos, decidiu embarcar para Arxentina. Os sucesos da Semana Tráxica de Buenos Aires, a represión e asasinatos en masa da Patagonia foron marcando a historia arxentina dos anos vinte. Neste ambiente revolucionario comezou a desenvolver a súa vida. Incorporouse aos medios literarios e artísticos de formación universitaria e ao movemento libertario. Durante a guerra civil concentrou toda a súa enerxía creadora para denunciar a través da pluma, as barbaries cometidas polo bando alzado. Desde Madrid os anarquistas galegos da CNT nomeáronmo correspondente en Buenos Aires de Galicia Libre. Desde as páxinas deste periódico chamou a profundar a revolución e sinalar os perigos que corría a fronte republicana.

Nos anos corenta escribiu na revista Hombre de América e a partir de 1959 comenzou a colaborar na revista anarquista Reconstruir. A súa obra xornalística está dispersa por moitos xornais libertarios de América e Europa. Entre os innumerables folletos realizados destácase o dedicado á vida de Curros Enríquez.

Os últimos anos da vida de Carpio viviunos afastado da vida política activa, a súa avanzada idade e a posterior ditadura do xeneral Videla, axudaron para que a súa militancia se fora apagando lentamente, a pesar diso nunca abandonou a actividade xornalística e as súas preocupacións intelectuais.

O 28 de setembro de 1989 faleceu na súa casa de Montegrande na zona sur do gran Buenos Aires.

Obras[editar | editar a fonte]

  • El mundo agonizante (crítica)
  • Humillados (contos)
  • ¡También América! (crítica)
  • El destino social del arte (crítica)
  • Democracia (novela)
  • Antología de pensamientos de González Prada
  • 36 poemas de autores brasileños contemporáneos
  • Milicias de la aurora (poemas)
  • Pasión y poesía
  • Radiografía cordial de América
  • Lamento de la tierra encadenada (epopeia)
  • Labradores del Espíritu (ensaio).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Campio_Carpio&oldid=4977046"