Campo Municipal de Fútbol Arsenio Iglesias Pardo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°21′11.9″N 8°25′01.7″O / 43.353306, -8.417139

Campo Municipal de Fútbol Arsenio Iglesias Pardo
Campo de fútbol de Agrela II.jpg
Datos
Localización Rúa José María Rivera Corral, 2. 15008 A Coruña, Galicia
Estadio
Superficie Herba artificial
Dimensións 58 x 95 m
Capacidade 440
Propietario Concello da Coruña
Localía Clubs modestos

O Campo Municipal de Fútbol Arsenio Iglesias Pardo é un estadio de fútbol propiedade do Concello da Coruña, situado no polígono industrial A Grela - Bens. Inaugurado orixinalmente como Campo Municipal de Fútbol A Grela II, o Concello decidiu mudar o nome para homenaxear o ex-xogador e ex-adestrador coruñés Arsenio Iglesias. Trátase dun campo principalmente dedicado á práctica do fútbol modesto coruñés.

O seu terreo de xogo é de céspede artificial desde o ano 2008, cando sufriu unhas fondas obras de reforma, inauguradas polo entón alcalde Javier Losada e o presidente da Deputación da Coruña Salvador Fernández Moreda[1][2]. As súas dimensións son de 95 × 58 metros e conta cunha bancada con capacidade para 440 persoas baixo a cal foron habilitados até seis vestiarios.

Posíbel traslado[editar | editar a fonte]

Concello e Hijos de Rivera, que ten a súa sede e factoría nunha propiedade anexa ao campo de fútbol, barallan o traslado do mesmo a outro punto da cidade para poder permitir a ampliación da instalación cervexeira[3][4].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. F. M. | La Voz de Galicia (14 de abril de 2008). "El campo de fútbol Arsenio Iglesias estrena nuevo césped". Consultado o 29-03-2016. 
  2. notiGRAS (Xuño de 2010). "A Coruña rinde homenaje a Arsenio Iglesias con un campo a su nombre". Consultado o 29-03-2016. [Ligazón morta]
  3. Coruña, La Opinión de A. "El traslado del campo de A Grela para ampliar Estrella Galicia costará 1,5 millones de euros". www.laopinioncoruna.es. Consultado o 2016-04-13. 
  4. César Quián. La Voz de Galicia (28 de xaneiro de 2016). "O expediente para permitir a ampliación de Estrella Galicia aínda non se pechou". Consultado o 13-04-2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Campo_Municipal_de_Fútbol_Arsenio_Iglesias_Pardo&oldid=4944244"