Campo de Riazor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°22′12.9″N 8°24′56.7″O / 43.370250, -8.415750

Campo de Riazor
Datos
Localización A Coruña, Galiza Galicia
Construción
Inauguración 1909
Estadio
Superficie Céspede
Localía Deportivo da Coruña
Para o actual estadio de Riazor véxase: Estadio Municipal de Riazor.

O campo de Riazor foi un campo de fútbol na Coruña no que o Deportivo da Coruña xogou os seus partidos como local entre 1909 e 1944. Este terreo de xogo estaba situado nas proximidades do actual estadio, no lugar que na actualidade ocupa o colexio das Escravas.[1] O novo campo foi inaugurado o 16 de maio de 1909 cun partido fronte ó Fortuna de Vigo. O partido finalizou coa vitoria do equipo vigués por 1-3. O xornal El Noroeste relataba o acontecemento do seguinte xeito:[2]

O partido foi bastante forte e moi lucido e agradou a concorrencia, que aplaudiu entusiasmada a ambos os equipos

Finalmente en outubro de 1944 o Deportivo trasladouse de novo ó actual estadio construído orixinalmente por Santiago Rey Pedreira.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Riazor: Historia". RCD A Coruña. Consultado o 9 de outubro de 2017. 
  2. 2,02,1 Aguiar, Iván (13 de setembro de 2014). "Un viaje desde el Corralón de A Gaiteira" (en castelán). riazor.org. Consultado o 18 de xuño de 2016. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Campo_de_Riazor&oldid=4791238"