Campo de fútbol Cardeal Quiroga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°16′26.7″N 7°38′30.7″O / 42.274083, -7.641861

CardealQuiroga.JPG
Descanso dun partido entre o CD Maceda e a SDC A Manchica
Datos
LocalizaciónCatro Camiños s/n, 32700 Maceda, Galicia Galicia
Construción
Inauguracióndécada de 1950
Estadio
Dimensións100 x 62 m
LocalíaCD Maceda

O Campo de Fútbol Cardeal Quiroga é un recinto deportivo situado en Maceda e que serve como lugar de xogo ao CD Maceda.

O seu terreo de xogo é de terra cunhas dimensións de 100 x 62 metros[1]. Ten dúas bancadas laterais, parcialmente cubertas e tamén un bar dentro do recinto. Está situado ao leste da vila macedá, na saída cara a Montederramo. Foi Inaugurado a mediados da década de 1950 como consecuencia da creación do club de fútbol local en 1953, leva o nome do cardeal galego Fernando Quiroga Palacios.

O 17 de xullo de 2014 máis dun cento de veciños da comarca se manifestaron perante as sedes dos organismos públicos provinciais e autonómicos en Ourense para esixir melloras nunhas instalacións que son empregadas tamén por xente de concellos limítrofes a Maceda[2]. A comezos 2016 foron iniciadas as obras[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Federación Gallega de Fútbol - Consulta de Campos". www.futgal.es. Consultado o 2016-04-11. 
  2. "Maceda se moviliza en demanda de un campo de fútbol". Faro de Vigo. Consultado o 2016-04-11. 
  3. "Piden al Concello de Maceda que adapte el tanatorio". Faro de Vigo. Consultado o 2016-04-11. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Campo_de_fútbol_Cardeal_Quiroga&oldid=4638897"