Campo do Condús

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Coordenadas: 43°19′47.81″N 8°18′48.37″O / 43.3299472, -8.3134361

Eugenio Pardo Conchado - Condús
Datos
Localización Rúa Condús s/n - 15993 Oleiros, Galicia
Estadio
Superficie Herba artificial
Dimensións 95 x 48 m
Capacidade 350 (sentadas) 650 (pé)
Propietario Concello de Oleiros
Localía CD Dorneda
CD Obrero

O Campo Municipal de Fútbol do Condús ou Eugenio Pardo Conchado é un campo de fútbol situado na capital municipal de Oleiros, o seu propietario é o Concello de Oleiros. Nel xogan como locais o CD Dorneda e o Club Deportivo Obrero de Oleiros.

O seu terreo de xogo é de 95x48 metros de céspede artificial. Conta cunha bancada cuberta con capacidade para 350 persoas e pode acoller en total outras 650 persoas de pé[1].

Foi reinaugurado após as obras de reforma polo alcalde Ángel García Seoane e o daquela responsábel da área de deportes da Deputación Provincial da Coruña e presidente da Federación Galega de Fútbol, José García Liñares, en 2008[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Campo de Fútbol Eugenio Pardo Conchado - O Condus Oleiros". Páxinas Galegas. Consultado o 04-04-2016. 
  2. Galicia, La Voz de. "El campo de fútbol de Condús, de hierba artificial, será inaugurado este sábado". www.lavozdegalicia.es. Consultado o 2016-04-08. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Campo_do_Condús&oldid=4890520"