Argovia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Cantón de Argovia")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Argovia
Aargau
Bandeira de Argovia
Escudo de Argovia
BandeiraEscudo
Switzerland Locator Map AG.svg
EstadoSuíza Suíza
CapitalAarau
 • Poboación15.904 (2008)
Cidade máis poboadaWettingen
Lingua oficialAlemán
Forma de gobernoCantón
Ingreso1803
SuperficiePosto 10º
 • Total1.404 km²
 • % augan/d
Costas0 km
PoboaciónPosto 4º
 • Total581.562 hab.
 • Densidade413 hab./km²
Fuso horarioUTC+1
 • Horario de veránUTC+2
Dominio de Internet.ch
Código ISOCH-AG

Argovia (en alemán: Aargau, en francés: Argovie, en italiano: Argovia, en romanche: Argovia) é un cantón de Suíza, localizado no norte do país, facendo fronteira con Alemaña. Nos seus 1404 km² viven 581.562 habitantes, divididos en 232 concellos, Aarau é a súa capital. É un dos cantóns menos montañosos de Suíza, xa forma parte dun gran val ao norte dos Alpes e ao leste da cordilleira do Xura, comprendendo a parte baixa do río Aare, que lle dá o nome ao cantón, que significa Distrito do Aare. Forma parte oficialmente da confederación dende 1803.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A área total do cantón é de 1.404 km², a poboación é de preto de 581.562 habitantes (2007). A súa capital é Aarau. Limita ao norte con Alemaña, ao oeste co semicantón de Basilea-Campo, o cantón de Soleura e o cantón de Berna, ao sur co de Lucerna e ao leste cos cantóns de Zúric e Zug.

O cantón de Argovia é un dos menos montañosos de Suíza e forma parte da meseta suíza, un gran val ao norte dos Alpes e ao leste da cordilleira do Xura, sobre a cal se levantan pequenos outeiros. No cantón de Argovia áchanse as famosas fontes sulfuradas de Baden, mentres que en Rheinfelden atópanse as fontes salinas. En Brugg están as ruínas do castelo dos Habsburgo.

Historia[editar | editar a fonte]

No século XV, a rexión foi gobernada polos Habsburgo, estes tiñan o seu centro de poder na rexión de Argovia, polo que aínda hoxe pódense atopar varios castelos, todos pertencentes a esa casa, así como varios ex-conventos.

En 1415 a rexión de Argovia foi gañada polos confederados aos Habsburgo. Berna obtén a parte suroccidental (Zofingen, Aarburg, Aarau, Lenzburg e Brügg). Algúns distritos chamados Freie Ämter ou Administración libre (Mellingen, Muri, Villmergen e Bremgarten) xunto con Baden pasaron a ser gobernados polos confederados. En 1798 a porción bernesa convértese no cantón de Argovia e o resto formou o cantón de Baden. En 1803, as dúas metades uníronse como cantón de Argovia, o cal se converteu nun membro de pleno dereito da Confederación. En 2003 o cantón celebrou o seu segundo centenario de existencia.

Economía[editar | editar a fonte]

As terras do cantón de Argovia son as máis fértiles de Suíza. A cría de gando vacún, o cultivo de cereais e froitas son as principais actividades do cantón. A industria está tamén moi desenvolvida, particularmente no sector da enxeñaría eléctrica, os instrumentos de precisión, a produción de aceiro, ferro e cemento.

O cantón conta cunha central nuclear en Beznau. Un número significativo de persoas traspasan o cantón cada día para dirixirse ao centro financeiro e económico da cidade de Zúric, que se atopa moi preto das fronteiras do mesmo.

Concellos[editar | editar a fonte]

Distritos do cantón de Argovia
Vista de Wettingen
Cidade vella de Aarau

O Cantón de Argovia ten un total de 232 municipalidades. As cidades e municipios máis importantes son:[1]

  • Wettingen, 19.541 habitantes
  • Baden, 17.641 habitantes
  • Aarau, 15.904 habitantes
  • Wohlen, 14.200 habitantes
  • Rheinfelden, 11.290 habitantes
  • Oftringen, 11.782 habitantes
  • Zofingen, 10.687 habitantes
  • Spreitenbach, 10.568 habitantes

Distritos[editar | editar a fonte]

O Cantón de Argovia conta actualmente con once distritos:

  • Distrito de Aarau con capital en Aarau
  • Distrito de Baden con capital en Baden
  • Distrito de Bremgarten con capital en Bremgarten
  • Distrito de Brugg con capital en Brügg
  • Distrito de Kulm con capital en Unterkulm
  • Distrito de Laufenburg con capital en Laufenburg
  • Distrito de Lenzburg con capital en Lenzburg
  • Distrito de Muri con capital en Muri
  • Distrito de Rheinfelden con capital en Rheinfelden
  • Distrito de Zofingen con capital en Zofingen
  • Distrito de Zurzach con capital en Zurzach

Cultura[editar | editar a fonte]

Linguas[editar | editar a fonte]

O idioma oficial do cantón é o alemán, máis outros idiomas son falados:

Relixión[editar | editar a fonte]

As relixións máis seguidas do cantón son:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Datos de poboación de 31 de decembro de 2008

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Argovia&oldid=4844619"