Canto difónico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cantantes inuit de katajjaq.
Canto difónico puro.

O canto difónico (ou canto dos harmónicos) é o canto de dous ou máis sons ó tempo por unha única persoa, que ó manipular os espazos da cavidade bucal resalta os harmónicos da propia voz. Esa experiencia conduce a novos planos de escoita e de emisión vocal. En certas culturas, é usado para a meditación.

Esa técnica é bastante popular na Asia Central, de onde vén súa orixe entre mongois e tuva. O amplo uso na música tradicional tamén se verifica na Suráfrica, entre as mulleres xosa, nas que a técnica é frecuentemente acompañada por chamada e resposta. En América do Norte, o seu uso tradicional está en grupos indíxenas como os inuit, sendo practicado xeralmente por mulleres. Pola súa natureza suave, ese canto era usado como cantiga de ninar. Tamén é usado no Tíbet polos lamas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Canto_difónico&oldid=4410252"