Caporos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Localización aproximada do pobo dos Caporos na provincia romana da Gallaecia.

Os caporos (latín: copori) eran un pobo galaico da Gallaecia, pertencente ao Convento xurídico lucense.

Fontes[editar | editar a fonte]

Os caporos son citados por Plinio o Vello, e por Tolomeo. Os caporos persistían no século VI, de facer caso dalgunhas edicións do Parochiale suevorum, no que son citados como unha das parroquias pertencentes á sede de Iria Flavia.

Redución xeográfica[editar | editar a fonte]

As citas de Plinio, que os coloca nunha lista entre os supertamáricos e os praestamarcos fai supor que estaban situados na fachada atlántica de Galicia, indicando ademais que Iria Flavia pertencía ao seu territorio. Pola súa parte, Mela tamén os sitúa en Lucus Augusti, o que permite supor que se situaban territorialmente, nunha banda de terra que ía desde a desembocadura do río Ulla, onde persiste aínda Iria, e seguía a conca do Ulla até a cidade de Lugo (Lucus). Porén, o feito de que tanto o Forum Coporum como o Divisio Teodomiri (ou parroquial suevo) corroboren o relato de Plinio e contradigan a Mela, tende a localizar aos Caporos nun territorio que vai desde a desembocadura do Ulla ata a actual Compostela desbotando a inclusión da cidade de Lugo[Cómpre referencia].

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Caporos&oldid=4155680"