Caramelo (empresa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°21′15.02″N 8°25′47.86″O / 43.3541722, -8.4299611

Caramelo
Sede de Caramelo en Vío.jpg
Nova sede no polígono de Vío, A Coruña.
TipoSociedade Anónima Unipersoal
Fundación1969
LocalizaciónRúa Gambrinus 103, A Grela 15008 A Coruña Galicia Galicia
FundadorJosé Antonio Caramelo
Persoas claveManuel Jove (accionista maioritario)
IndustriaTéxtil
ProdutosRoupa e complementos
Beneficio13 millóns de euros
Número de empregados59[1]
Páxina webcaramelo.com

Caramelo foi unha marca téxtil galega fundada en 1969 na cidade da Coruña.

Historia[editar | editar a fonte]

Tenda de Caramelo en Marineda City, A Coruña.
Sede de Caramelo na Grela, A Coruña

A empresa foi fundada por José Antonio Caramelo o seu sobriño Javier Cañás e Luis Gestal no número 26 da rúa Juan Castro Mosquera da Coruña[2]. Os inicios na moda de José Antonio Caramelo foron na empresa na que traballaba Amancio Ortega. En 1963 xunto con familiares de Ortega fundarían GOA, os inicios de Inditex. Caramelo como marca naceu en 1969 para producir pezas de calidade impermeables. A partir de 1971 comezou a fabricar tres liñas de pezas para home: pantalóns Tommy Harrods, cazadoras Chelton e camisas Yale. En 1984 naceu a marca Caramelo con coleccións de roupa de home e muller.

En 2002 abandonou a dirección da empresa e o accionariado Javier Cañás, que era a súa cabeza visible dende o comezo. Para aquela altura, 2003, Caramelo estaba consolidada como empresa internacional, con presenza en máis de vinte países. No 2005 a empresa adquiriu Antonio Pernas e comezou a súa expansión no Estado español. En 2009 Antonio Pernas integrouse baixo o nome de Caramelo, dando orixe a Caramelo by Antonio Pernas, que recollía a colección feminina de cerimonia da firma.

A comezos da década de 2010 a empresa Caramelo era propiedade de Inveravante, a sociedade de investimento propiedade de Manuel Jove, que tiña o 90% do accionariado. En 2010 Caramelo entrou en crise: recibiu créditos por 36 millóns de euros da Xunta e despediu 230 traballadores, quedando cun equipo de 538 traballadores[3]. O 15 de abril de 2013 a empresa solicitou o concurso de acredores[4], do que saíu un ano máis tarde. A finais de 2016 abandonaron a empresa o director xeral e o director creativo, e unhas semanas máis tarde Caramelo anunciou a súa liquidación e desaparición como firma, con 169 empregados, 79 deles en Galicia[5].

A marca foi mercada en 2018 por Kosu Nuno.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Caramelo factura 13 millones tras salir del concurso y retoma su expansión en Vío", La Opinión de A Coruña, 25 de marzo de 2015 (en castelán).
  2. "El Caramelo más amargo", La Opinion de A Coruña, 31 de maio de 2009 (en castelán).
  3. "La Xunta inyecta en Caramelo otros cinco millones tras criticar al bipartito", artigo de María Fernández en El País, 13 de febreiro de 2010 (en castelán).
  4. "Caramelo solicita el concurso de acredores", La Opinión de A Coruña, 15 de abril de 2013 (en castelán).
  5. "Los dueños de Caramelo liquidan la empresa", Cinco Días, 25 de outubro de 2016 (en castelán).
  6. "Un empresario gallego se queda con la marca Caramelo por medio millón", La Voz de Galicia, 6 de xuño de 2018 (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Caramelo_(empresa)&oldid=4847617"