Carballo (árbore)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Para atopar máis información ou consultar a especie normalmente chamada "carballo", véxase o artigo Carballo común.
Carballo (xénero Quercus)
Follas e landras do carballo bravo (Quercus robur)
Follas e landras do carballo bravo (Quercus robur)
Estado de conservación
Non está ameazada

Status iucn3.1 LC gl.svg

Clasificación científica
Reino: Plantae
Filo: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Fagales
Familia: Fagaceae
Xénero: Quercus

Carballo é a designación común das cerca de seiscentas especies de árbores e arbustos do xénero Quercus da familia Fagaceae. O xénero é nativo do hemisferio norte e inclúe tanto especies caducifolias coma persistentes. Os Querci (carballos) esténdese tanto por zonas de clima atlántico como clima continental ou clima mediterráneo, dende Eurasia até América e medran en calquera tipo de terreo, tanto en chairas como en ladeiras rochosas. En xeral, as especies de folla caduca distribúense máis cara ao norte e as de folla persistente, cara ao sur. Caracterízanse por ser árbores rexas e fortes e polos froitos: as landras.

Ter en conta que tamén se denominan carballos as especies tropicais doutros xéneros relacionados, principalmente Lithocarpus.

Diferentes especies de carballos son moi comúns en toda Galicia, salientando o carballo común (ver lista de especies comúns en Galicia abaixo). De feito os carballos constitúen a formación forestal máis representativa do país: a carballeira. As carballeiras teñen estado en regresión debido sobre todo á actividade humana e á substitución destes bosques por reforestacións de especies foráneas coma o piñeiro bravo ou o eucalipto; con todo, tense incrementado a extensión das carballeiras nos últimos anos, especialmente nas zonas do interior.

Especies en Galicia[editar | editar a fonte]

En Galicia atopamos diferentes especies dentro do xénero Quercus. Destas as máis importantes son: o carballo común (Quercus robur L.), a especie máis estendida; o carballo negro, cerquiño ou cerqueiro (Quercus pyrenaica Willd.) e o carballo albariño, albar ou carbia, máis escaso en xeral, aínda que abundante nas zonas altas do interior de Ourense e Lugo (Quercus petraea (Mattuschka) Liebl.). Ademais destas especies cabe mencionar tamén o carballo americano (Quercus rubra L. ou Quercus borealis) co que se están a facer novas reforestacións, o carballo anano ou caxigo (Quercus lusitanica ou Quercus faginea) presente no Monte Pindo, e nalgunhas zonas dos canóns do Sil, a sobreira e a aciñeira, que tamén pertencen o xénero Quercus (Q. suber L. e Q. ilex L. respectivamente). En Ourense atópanse algunhas plantacións de Quercus palustris, o carballo palustre americano.

Híbridos[editar | editar a fonte]

  • Quercus x andegavensis Hy (Q. robur x Q. pyrenaica), descrito por SILVA PANDO en 1994. En Lugo.
  • Quercus x gallaecicus Llamas, Lence & Acedo (Q. lusitanica x Q. robur) Descrito por LLAMAS & al. 2003. Na Coruña.
  • Quercus x rosacea Bechst. (Q. petraea x Q. robur), descrito por SILVA PANDO en 1994; GNZ. AZCARATE & AMIGO 1996. En Lugo.
  • Quercus x trabutii Hy (Q. petraea x Q. pyrenaica), descrito por SILVA PANDO en Lugo, en 1994.[1]

Clasificación[editar | editar a fonte]

Comparación entre follas de carballo: Quercus robur (carballo común), Quercus petraea (carballo albariño), Quercus pyreneica (cerquiño) et Quercus ilex (aciñeira).

O xénero Quercus divídese en dous subxéneros e varias seccións:

Subxénero Quercus[editar | editar a fonte]

Este subxénero divídese nas seccións a seguir:

Sección Quercus[editar | editar a fonte]

Os seus sinónimos son Lepidobalanus e Leucobalanus, estas especies conforman a listaxe dos denominados "Carballos beancos" de Europa, Asia e América do Norte. Os seus xineceos son curtos; as landras maduran en 6 meses e o seu gusto é acre ou lixeiramente doce, no interior da casca das landras non hai pelo, as follas na súa maioría carecen de puntas agudas nas súa extremidades e os lóbulos adoitan ser arredondeados.

Listaxe parcial dalgunhas especies de carballos (Quercus), pertencentes ao subxénero Quecus, sección Quercus:

  • Quercus alba - Carballo branco americano, carballo branco
  • Quercus aliena
  • Quercus arizonica - Aciñeira de Arizona
  • Quercus austrina
  • Quercus berberidifolia
  • Quercus bicolor - Carballo bicolor
  • Quercus boyntonii
  • Quercus chapmanii
  • Quercus cornelius-mulleri
  • Quercus copeyensis
  • Quercus dalechampii
  • Quercus depressipes
  • Quercus dilatata
  • Quercus douglasii (sin. Quercus gambelii)
  • Quercus dumosa
  • Quercus durata
  • Quercus engelmannii
  • Quercus faginea - Carballo anano ou caxigo (sin. Quercus lusitanica) - con dúas subespecies:
    • Quercus faginea subsp. faginea.
    • Quercus faginea subsp. broteroi.
  • Quercus fusiformis
  • Quercus garryana - Carballo branco de Oregón.
  • Quercus geminata
  • Quercus glaucoides
  • Quercus grisea
  • Quercus havardii
  • Quercus hinckleyi
  • Quercus hondurensis
  • Quercus humilis (sin. Quercus pubescens) - Carballo pubescente[2].
  • Quercus ilex (sin. Quercus ilicifolia, Quercus glauca) - Aciñeira brava ou común, con dúas subespecies:
    • Quercus ilex subsp. ilex.
    • Quercus ilex subsp. rotundifolia (sin. Q. rotundifolia, Q. ballota).
  • Quercus intricata
  • Quercus john-tuckeri
  • Quercus laceyi
  • Quercus lanata
  • Quercus leucotrichophora
  • Quercus libani - Carballo do Líbano
  • Quercus lobata - Carballo dos vales
  • Quercus lyrata
  • Quercus macrocarpa
  • Quercus mohriana
  • Quercus michauxii
  • Quercus minima
  • Quercus mongolica
  • Quercus muhlenbergii
  • Quercus oglethorpensis
  • Quercus peduncularis
  • Quercus petraea - Carballo albariño.
  • Quercus polymorpha
  • Quercus prinoides
  • Quercus prinus (sin. Quercus montana) - Carballo pardo.
  • Quercus pungens
  • Quercus robur - carballo común ou carballo bravo
  • Quercus rugosa
  • Quercus sadleriana
  • Quercus stellata
  • Quercus toumeyi
  • Quercus turbinella
  • Quercus vaseyana
  • Quercus virginiana - Aciñeira do sur

Sección Mesobalanus[editar | editar a fonte]

Son coñecidos como "carballos húngaros" e son oriundos de Europa, Asia e do norte de África. De pistilos longos; as landras maduran aos 6 meses e son acres; o interior da cúpula non posúe pelo. A sección Mesobalanus está achegada á sección Quercus e algunhas veces tense incluído dentro desta.

Sección Cerris[editar | editar a fonte]

A sección Cerris é coñecida coma a dos Carballos Turcos e os seus relativos de Europa, Asia e norte de África. Son de xineceo longo e as landras maduran aos 18 meses dende a xermolación e son moi acres. O interior da casca das landras non posúe pelo. As follas adoitan ter lóbulos de puntas afiadas, con cerdas nos bordos.

  • Quercus acutissima
  • Quercus alnifolia
  • Quercus castaneifolia - Carballo persa
  • Quercus cerris - Carballo cabeludo
  • Quercus coccifera (sin. Quercus calliprinos) - Carrasco ou carballo carrasco.
  • Quercus infectoria
  • Quercus libani
  • Quercus macrolepis
  • Quercus semecarpifolia
  • Quercus suber - Sobreira
  • Quercus trojana - Carballo de Macedonia
  • Quercus variabilis - Sobreira da China

Sección Protobalanus[editar | editar a fonte]

A sección dos Protobalanus coñecida coma a sección de carballos intermedios e os seus relativos no suroeste dos Estados Unidos e do noroeste de México. Ten os seus xineceos curtos, e as landras maduran aos 18 meses de sabor moi acre. O interior da casca das landras ten pelo, e as follas adoitan ter lóbulos de puntas afiadas, con cerdas nos extremos.

  • Quercus cedrosensis
  • Quercus chrysolepis (sin. Quercus oblongifolia - Aciñeira mexicana azul
  • Quercus palmeri
  • Quercus tomentella
  • Quercus vaccinifolia

Sección Lobatae[editar | editar a fonte]

Os "carballos rubios" ou vermellos americanos (sinónimo: subxen.Erythrobalanus). Xeralmente se desenvolven en América do Norte, América Central e na zona norte de América do Sur. De pistilos longos e landras que maduran aos 18 meses, moi acres e co interior da casca con moito pelo. A noz áchase encerrada nunha capa magra e pegañenta de pel apergamiñada.As follas adoitan ter lóbulos de puntas afiadas, con pelos espiñosos nos mesmos.

  • Quercus agrifolia - Aciñeira de California
  • Quercus arkansana
  • Quercus buckleyi
  • Quercus canbyi
  • Quercus coccinea - Carballo escarlata
  • Quercus costaricensis
  • Quercus cualensis
  • Quercus depressa
  • Quercus eduardii
  • Quercus ellipsoidalis
  • Quercus emoryi
  • Quercus falcata - Carballo rubio do sur ou carballo hispano.
  • Quercus gravesii
  • Quercus graciliformis
  • Quercus georgiana
  • Quercus hintoniorum
  • Quercus hirtifolia
  • Quercus humboldtii - Carballo colombiano, carballo andino.
  • Quercus hypoleucoides
  • Quercus hypoxantha
  • Quercus iltisii
  • Quercus imbricaria
  • Quercus incana
  • Quercus inopina
  • Quercus kelloggii - Carballo negro de California.
  • Quercus laevis
  • Quercus laurifolia
  • Quercus laurina
  • Quercus marilandica - Carballo de Maryland.
  • Quercus myrtifolia
  • Quercus nigra - Carballo de auga, carballo negro americano.
  • Quercus pagoda
  • Quercus palustris - Carballo dos pantanos ou carballo palustre americano.
  • Quercus parvula
  • Quercus phellos - Carballo de follas de salgueiro.
  • Quercus pumila
  • Quercus rhysophylla
  • Quercus rubra (sin. Quercus acerifolia) - Carballo americano, carballo rubio americano.
  • Quercus salicifolia
  • Quercus sapotifolia
  • Quercus shumardii - Carballo rubio dos pantanos
  • Quercus tardifolia
  • Quercus texana
  • Quercus velutina - Carballo negro americano do leste
  • Quercus wislizeni
  • Quercus xalapensis

Subgenus Cyclobalanopsis[editar | editar a fonte]

Este subxénero coñécese como a listaxe dos "carballos con copas de aneis" e se desenvolven principalmente ao leste e sueste de Asia. Son carballos "sempreverdes" que acadan alturas de entre 10 e 40 metros. Son bastante diferentes ao subxénero Quercus no sentido que teñen landras con distintivas copas con aneis de diferentes escalas de tamaño e se desenvolven comunmente en grupos mestos, malia non se aplicar a todas as especies. A Flora da China trata ás Cyclobalanopsis coma un xénero distinto, porén a meirande parte dos taxonomistas consideran que é un subxénero de Quercus. En total suma arredor de 150 especies.

  • Quercus acuta - Aciñeira xaponesa.
  • Quercus albicaulis
  • Quercus argentata
  • Quercus argyrotricha
  • Quercus augustinii
  • Quercus austrocochinchinensis
  • Quercus austroglauca
  • Quercus bella
  • Quercus blakei
  • Quercus camusiae
  • Quercus championii
  • Quercus chapensis
  • Quercus chevalieri
  • Quercus chingsiensis
  • Quercus chungii
  • Quercus daimingshanensis
  • Quercus delavayi
  • Quercus delicatula
  • Quercus dinghuensis
  • Quercus disciformis
  • Quercus edithiae
  • Quercus elevaticostata
  • Quercus fleuryi
  • Quercus gambleana
  • Quercus gemelliflora
  • Quercus gilva
  • Quercus helferiana
  • Quercus hondae
  • Quercus hui
  • Quercus hypophaea
  • Quercus jenseniana
  • Quercus jinpinensis
  • Quercus kerrii
  • Quercus kiukiangensis
  • Quercus kouangsiensis
  • Quercus lamellosa
  • Quercus lineata
  • Quercus litoralis
  • Quercus litseoides
  • Quercus lobbii
  • Quercus longinux
  • Quercus lowii
  • Quercus lungmaiensis
  • Quercus merrillii
  • Quercus morii
  • Quercus motuoensis
  • Quercus multinervis
  • Quercus myrsinifolia
  • Quercus neglecta
  • Quercus ningangensis
  • Quercus obovatifolia
  • Quercus oxyodon
  • Quercus pachyloma
  • Quercus patelliformis
  • Quercus pentacycla
  • Quercus phanera
  • Quercus poilanei
  • Quercus rex
  • Quercus salicina
  • Quercus saravanensis
  • Quercus schottkyana
  • Quercus semiserrata
  • Quercus sessilifolia
  • Quercus sichourensis
  • Quercus stenophylloides
  • Quercus stewardiana
  • Quercus subhinoidea
  • Quercus subsericea
  • Quercus thorelii
  • Quercus tomentosinervis
  • Quercus treubiana
  • Quercus xanthotricha
  • Quercus yingjiangensis
  • Quercus yonganensis

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de carballos de Galicia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Catálogo da Flora de Galicia, María Inmaculada Romero Buján, IBADER, Universidade de Santiago de Compostela, Lugo, 2008
  2. 2,02,1 Nome vulgar en Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C) A Coruña, Deputación da Coruña, 2000

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Carballo_(árbore)&oldid=4548817"