Cardiff

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Coordenadas: 51°29′N 03°11′O / 51.483, -3.183

Cardiff
Caerdydd
Flag of Cardiff.svg
Coat of Arms of Cradiff.jpg
Cardiffmontage3.jpg
Varias imaxes de Cardiff
Localización
Cardiff en Gales
Cardiff
Cardiff
País Flag of the United Kingdom.svg Reino Unido
Nación Constituínte Gales Gales
Rexión Gales do Sur
Condado South Glamorgan
Xeografía
Altitude 41 msnm
Superficie 29,24 km²
Demografía
Poboación 346.100 hab. (2011)
Densidade 6.400 hab/km²
Outros datos
Código postal CF
Alcalde Heather Joyce
www.cardiff.gov.uk

Cardiff (en galés: Caerdydd) é a capital e cidade máis importante de Gales. Situada na canle de Bristol, ó suroeste de Gales e preto da fronteira con Inglaterra, expandiuse enormemente durante o século XIX debido á industria mineira e ó tráfico dos seus portos.

Segundo o censo de 2011, a poboación de Cardiff é de 341.054 habitantes, sendo a décima cidade máis grande do Reino Unido.

Historia[editar | editar a fonte]

Cardiff foi fortificado polos romanos durante a ocupación das Illas Británicas. Durante a revolución industrial, a maioría do carbón exportado do mundo sae do porto de Cardiff e a riqueza que xera permite a remodelación do Castelo de Cardiff e de Castell Coch. No 28 de outubro de 1905, Cardiff obtén o estatuto de cidade por parte de Eduardo VII e o 20 de decembro de 1955 pasa a ser capital de Gales.

Edificios e lugares de interese[editar | editar a fonte]

  • Millennium Stadium. Trátase do campo de rugby cuberto máis grande do Reino Unido, cunha capacidade dunhas 74.500 persoas. Foi construído en 1999 para a celebración do Campionato do Mundo de rugby, nel celébranse tamén concertos e algúns outros acontecementos deportivos.
  • O Castelo de Cardiff. Foi construído en 1091 e reformado durante a época vitoriana.
  • Millenium Centre. É un complexo de danza e artes dramáticas situado na badía de Cardiff. Inaugurouse en novembro de 2004.
  • Museo e Galería Nacional de Cardiff. Terminado de construír en 1927, contén numerosas obras impresionistas, como O Bico de Auguste Rodin, realizado en bronce, ou La Parisienne, de Pierre-Auguste Renoir.
  • Bute Park. Xigantesco parque que se estende dende o Castelo de Cardiff cara ó norte, atravesando o centro urbano e seguindo o curso do río Taff.
  • A catedral de Llandaff, do século XIII.
  • Casa Consistorial.

Irmandades[editar | editar a fonte]

Cardiff está irmandada coas seguintes cidades:

Anteriormente estivo irmandada con Baltimore nos Estados Unidos de América pero este acordo expirou hai tempo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Cardiff&oldid=4778305"