Carlos Abraira Cela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carlos Abraira Cela
Nacemento25 de marzo de 1936
 Buenos Aires
Falecemento18 de febreiro de 2017
 Miami, Florida
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmédico e xornalista
PaiJosé Benito Abraira
editar datos en Wikidata ]

Carlos Abraira Cela, nado en Buenos Aires o 25 de marzo de 1936 e finado en Miami (Florida) o 18 de febreiro de 2017,[1] foi un médico e galeguista da Arxentina.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do dirixente galeguista na emigración José Benito Abraira, foi o primeiro Secretario Xeral das Mocedades Galeguistas, membro do consello de redacción do periódico Adiante (1954-1955) e un dos promotores da organización Follas Novas (xullo 1957), divulgadora do libro galego. Licenciado en Medicina pola Universidade de Buenos Aires (1961), traballou no Michael Reese Medical Center de Chicago. É profesor na Loyola University e xefe da sección de Endocrinoloxía do Hospital Hines de Chicago. Colaborador na prensa galeguista de Buenos Aires. En 1999 trasladuse a Miami e foi profesor de Medicina na Universidade de Miami.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Vixencia de Castelao nas novas xeracións galegas, 1961.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Carlos_Abraira_Cela&oldid=5228292"