Carlos Alonso del Real

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carlos Alonso del Real
Nome completoCarlos Alonso del Real Ramos
Nacemento2 de maio de 1914
 Madrid
Falecemento11 de xaneiro de 1993
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidad Central
Ocupaciónxornalista, Cátedra universitaria e historiador
editar datos en Wikidata ]

Carlos Alonso del Real Ramos, nado en Madrid o 2 de maio de 1914 e finado o 11 de xaneiro de 1993, foi catedrático de Prehistoria e Etnografía ligado a Galiza.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cursou os seus estudos superiores na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Madrid (1931-1936). Doutorouse en Filoloxía Clásica en 1940. Foi profesor de latín no Instituto Cardeal Cisneros (1939), e de aí pasou á Universidade de Madrid, onde ensinou Historia Primitiva e lingua grega (1939-1941), ademais de exercer como conservador do Museo do Seminario de Historia Primitiva desde 1942 até 1954.

En 1954 pasou a ostentar a cátedra de Prehistoria e Etnoloxía na Universidade de Santiago de Compostela, na que foi vicedecano da Facultade de Filosofía e Letras desde 1956 a 1965. Cultivou o xornalismo entre os anos 1937 e 1955.

Foi académico correspondente da Real Academia da Historia e colaborou co Instituto de Estudos Políticos. Pertenceu á Orde de Mehdauia, á de Cisneros e contou con varias condecoracións por méritos de guerra. Estivo casado con María Ana Manteola Cabeza.

Tamén escribiu en lingua galega, como no caso dun prólogo para o libro Fala o fistor e fáise o dia, de Martine Roux.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Alonso del Real, C. 1991. La prehistoria. Ciclo de conferencias para doctorado. Pontevedra, Deputación Provincial. (en castelán)
  • Rodríguez Casal, A. (coord.) 1996. Humanitas. Estudios en homenaxe ó Prof. Carlos Alonso del Real. Santiago, Universidade de Santiago de Compostela. 2 vols.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Carlos_Alonso_del_Real&oldid=4634485"