Carlos Folgueira García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carlos Folgueira García
Medalla de Galiza.svg
Nacemento17 de marzo de 1937
 Mondoñedo
Falecemento2 de agosto de 1993
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónempresario
editar datos en Wikidata ]

Carlos Folgueira García, nado en Mondoñedo o 17 de marzo de 1937 e finado na Coruña o 2 de agosto de 1993, foi un confiteiro galego, máis coñecido co alcume do Rei das Tartas, famoso por ser o creador da Torta de Mondoñedo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na década de 1950 creou a Torta de Mondoñedo que promocionaba en feiras e festas ás que asistía vestido de branco co seu grande chapeu de cociñeiro co escudo de Galiza. Foi o director do xornal La Voz de Asturias o que lle puxo o alcume de El Rey de las Tartas co que se fixo famoso.[1] Nos anos 80 e 90 aparecía en programas como Un, Dos, Tres de TVE e na TVG para promocionar a súa torta.

O negocio familiar foi continuado polo seu fillo Carlos. En 2003 a marca O Rei das Tartas pasou a ser unha franquía de hostalería.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

O Rei das Tartas no centro comercial Espacio Coruña.

Foi nomeado fillo predilecto de Mondoñedo.

  • Cabaleiro da Asociación Maxistral de Gastronomía.
  • Medalla ao mérito turístico a título persoal (1977), Ministerio de Turismo de España.
  • Medalla da Confrérie de la Chaîne des Rôtisseurs, Monsieur Maître de Rôtisseur (París, 1981).
  • Medalla de Galicia 1993 (medalla de bronce).[2]
  • Medalla e título de artesán distinguido da provincia de Lugo.
  • Medalla de prata e título de Señor da Feira de Vilagarcía de Arousa.
  • Diploma de honra na Feira alimentaria de Barcelona.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "EL REY DE LAS TARTAS mondonedo.org" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2015. Consultado o 01 de maio de 2015. 
  2. Medallas de Galicia 1993 Bronce Xunta de Galicia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Carlos_Folgueira_García&oldid=5278507"