Carlos González Reigosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carlos González Reigosa
Carlos Reigosa.jpg
Nacemento2 de setembro de 1948
 Lugo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e escritor
XénerosNarrativa, poesía e ensaio
EstudosCiencias da información e ciencias políticas
PremiosRodolfo Walsh award
editar datos en Wikidata ]

Carlos González Reigosa, nado en Lagoa (A Pastoriza) o 2 de setembro de 1948, é un escritor e xornalista galego.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

É licenciado en Ciencias da información e Ciencias políticas. Comezou a súa carreira xornalística en La Voz de Galicia. Redactor da axencia EFE desde 1974, foi o seu director de información (1990-1997) e director de publicacións (1997-2004).

É autor de multitude de artigos de crítica literaria e teatral e de política internacional, publicados en xornais e revistas tanto españois como americanos.

Publicou as novelas Oxford, amén (1982), Crime en Compostela (1984) (gañadora do primeiro Premio Xerais e a iniciadora da novela negra na literatura galega, ademais dun dos libros máis vendidos en lingua galega), O misterio do barco perdido (1988), A guerra do tabaco (1996), Narcos (2001) e Intramundi (2002).

Publicou así mesmo libros de relatos curtos (Homes de Tras da Corda, As pucharcas da lembranza, Irmán Rei Artur e Os outros disparos de Billy) e de investigación e ensaio xornalístico, destacando entre eles La agonía del león (Premio Internacional Rodolfo Walsh de Literatura Testimonial en 1996).

Dirixiu varios cursos de verán sobre xornalismo e literatura nas universidades Complutense, Menéndez Pelayo (UIMP), Rey Juan Carlos e Santiago de Compostela, ademais de en diversas institucións americanas (En Miami e Os Ánxeles). Algúns destes cursos foron recollidos en libros: La información internacional en el mundo hispanohablante (1995), Información y Sociedad (1996) ou Hemingway desde España (2001).

É profesor no Máster de Relacións Internacionais da Universidade Complutense de Madrid e no Máster de Xornalismo de Axencias da Universidade Rey Juan Carlos e a Axencia EFE.

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Fuxidos de sona (1989, Xerais).
  • O doutor Livingstone, supoño (1998, Xerais).
  • Eidos do xornalismo (2007, Galaxia).
  • Laxeiro por si mesmo (2008, Xerais).
  • A Galicia máxica de García Márquez (2013, Xerais).
  • A morte de Valle-Inclán. O último esperpento (2016, Xerais, con Javier del Valle-Inclán e José Monleón).

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Kid Salvaxe (2014, Xerais).

Conversas[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • A Gran Novela e outras narracións. Traballos premiados no 7º Concurso de Narracións Curtas Modesto R. Figueiredo do Pedrón de Ouro (1982, Edicións do Castro).
  • Premios Pedrón de Ouro. X Certame Nacional Galego de Narracións Curtas "Modesto R. Figueiredo" (1985, Edicións do Castro).
  • Contos eróticos. Eles (1990, Xerais).
  • O relato breve. Escolma dunha década (1980-1990) (1990, Galaxia).
  • Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (1996, Xerais).
  • Poetas e narradores nas súas voces. I (2001, Consello da Cultura Galega).
  • Palabra por palabra. Contos da Policía (2003, Ir Indo).
  • Os aforismos do riso futurista (2016, Xerais).

Premios[editar | editar a fonte]

Obras en castelán[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Oxford, amén (1982). Publicado en galego no 2006, por Xerais.
  • Los otros disparos de Billy (1986). Publicado en galego no 1991, por Xerais, como Os outros disparos de Billy.
  • El regreso de los maquis (1992). Publicado en galego no 2004, por Xerais, como O regreso dos maquis.
  • La agonía del león (1995). Publicado en galego no 2011, por Xerais, como A agonía do león.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Carlos_González_Reigosa&oldid=4847747"