Federico Carlos de Hesse-Kassel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Carlos I de Finlandia")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Federico Carlos de Hesse-Kassel
Rei de Finlandia
Hessenin prnssi Friedrich Karl - Prince Frederick Charles of Hesse.jpg

Reinado9 de outubro de 1918 -
4 de decembro de 1918
Coroaciónnon se producíu
Nome completoFederico Carlos de Hesse-Kassel
Outros títulosRei de Karelia, Duque de Åland, Gran Príncipe de Laponia e Conde de Kaleva e o Norte
Nacemento1 de maio de 1868
Panker, Holstein,
Flag of Prussia (1892-1918).svg Reino de Prusia
Falecemento28 de maio de 1940
(72 años)
Kassel, Alemaña Nazi Alemaña
ConsorteMargarita de Prusia
Casa realHesse-Kassel
ProxenitoresFederico de Hesse-Kassel
Ana de Prusia

Escudo de Federico Carlos de Hesse-Kassel

Federico Carlos de Hesse-Kassel, nado o 1 de maio de 1868 en Panker, Holstein, Reino de Prusia e finado o 28 de maio de 1940 en Kassel, foi un príncipe alemán de Hesse. Federico Carlos era fillo do príncipe Federico de Hesse-Kassel e Ana de Prusia. Foi elixido rei de Finlandia o 9 de outubro de 1918, pero nunca subiu ao trono debido a que Alemaña perdeu a Primeira Guerra Mundial. O emperador Guillerme II de Alemaña era o seu cuñado.

Matrimonio e descendencia[editar | editar a fonte]

Casou coa princesa Margarida de Prusia e tiveron seis fillos, todos varóns.

Na época da voda, o príncipe Federico Carlos non era aínda a cabeza da Casa de Hesse-Kassel. Este título foille outorgado cando o seu irmán maior Alexandre Federico abdicou para casar cunha plebea. O trato do príncipe Federico foi ascendido ao de Alteza, en canto o de Margarida o foi ao de Alteza Real.

Os seus fillos foron (houbo dous pares de xemelgos):

  • Federico de Hesse-Kassel (1893-1916). Morto na Primeira Guerra Mundial.
  • Maximiliano de Hesse-Kassel (1894-1914). Morto na Primeira Guerra Mundial.
  • Filipe de Hesse-Kassel (1896-1980). Casado coa princesa Mafalda de Savoia.
  • Wolfgang de Hesse-Kassel (1896-1989). Xemelgo co anterior. Casado coa princesa María Alexandra de Baden. Sen descendencia.
  • Ricardo de Hesse-Kassel (1901-1943). Faleceu solteiro e sen descendencia.
  • Cristovo de Hesse-Kassel (1901-1943). Xemelgo co anterior. Casado coa princesa Sofía de Grecia e Dinamarca. Con descendencia. Morto na Segunda Guerra Mundial.
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Federico_Carlos_de_Hesse-Kassel&oldid=4352951"