Carlos Rovés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carlos Rovés
Nacemento1816
 O Carril
Falecemento5 de outubro de 1854
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónxurista
editar datos en Wikidata ]

Carlos Álvarez-Rovés Pérez-Santamarina, tamén chamado Carlos Robés, nado en 1816 no Carril (Vilagarcía de Arousa) e finado en Santiago de Compostela o 5 de outubro de 1854[1], foi un xurista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do comerciante avilesino Simón Álvarez Rovés e da compostelá María del Carmen Pérez-Santamarina Flórez-Villaamil, foi sobriño de Luís López Ballesteros e de Pedro Méndez-de Vigo. Estudou Leis na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en Xurisprudencia.

Afincouse en Santiago de Compostela como avogado[2]. Durante a alcaldía do Marqués de Bóveda de Limia foi o 2º tenente de alcalde e, tras a Vicalvarada, foi elixido alcalde de Santiago de Compostela o 23 de xullo de 1854, presidindo a Xunta de Goberno[3]. A Xunta estivo composta por progresistas de corte esparterista. Porén, tras o Decreto do 1 de agosto de Espartero polo que se minguaba o poder das xuntas locais, deixándoas como simples órganos consultivos, Rovés presentou a súa dimisión o día 4, quedando co posto de primeiro tenente de alcalde[4]. Desde esta data ata o mes de outubro, a cidade continuou sen alcalde, ocupando de xeito provisional a alcaldía Cándido Valdés. Finalmente, o 2 de outubro volveu a presidir a corporación o Marqués de Bóveda, pero Rovés non entrou a formar parte da nova corporación por estar enfermo do cólera, que neste ano afectou profundamente a Galicia. Finalmente, tres días despois Carlos Rovés faleceu no seu domicilio, no número 3 da rúa do Preguntoiro.


Predecesor:
Joaquín Losada Pimentel,Marqués de Bóveda de Limia
 Escudo de Santiago de Compostela.svg
Alcalde de Santiago
 
1854
Sucesor:
sen alcalde

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rexistro Civil de Santiago. Defuncións. Ano de 1854 (Arquivo Histórico Universitario de Santiago-sg.AM 792, p.213v, nº orde 851). Nesta fonte se di que conta 38 anos, é natural de Carril e era solteiro no momento do seu falecemento. Tamén se indica que é Licenciado en Xurisprudencia.
  2. Pérez, 2012, p. 219
  3. Pérez, 2012, p. 234
  4. Pérez, 2012, p. 237

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Carlos_Rovés&oldid=4879614"