Carlos V de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Carlos V de Francia
Saint-Èvre - Charles V of France.jpg
Nacemento 21 de xaneiro de 1338
  Vincennes
Falecemento 16 de setembro de 1380
  París
Causa Doenza infecciosa
Soterrado Basílica de Saint-Denis
Nacionalidade Francia
Relixión cristianismo
Ocupación monarca
Pai João II de França
Nai Bona de Luxemburgo
Cónxuxe Joana de Bourbon
Fillos Carlos VI de França, Luís de Valois, Duque d'Orleães, Catherine of Valois, Countess of Montpensier, Marie of Valois, Isabelle of Valois, Oudard d'Attainville e Jean de France
Irmáns Isabella, Countess of Vertus, Xoana de Valois, raíña de Navarra, Maria de França, Duquesa de Bar, Filipe II, Duque da Borgonha, João, Duque de Berry e Luís I, Rei de Nápoles e Duque de Anjou
editar datos en Wikidata ]

Carlos V o Sabio, en francés Charles V le Sage, nado en Vincennes o 21 de xaneiro de 1338 e finado en Nogent-sur-Marne o 16 de setembro de 1380, foi un rei francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo primoxénito de Xoán II de Francia foi o terceiro rei da dinastía Valois. En 1355 foi investido como duque de Normandía e delfín de Francia, sendo coroado rei en 1364. Ao ano seguinte apoiou a sublevación de Henrique de Trastámara contra o rei de Castela Pedro I, quen obtivo os apoios da nobreza galega e do príncipe inglés Eduardo de Woodstock, alcumado o Príncipe Negro. Deu comezo unha guerra civil, coa vitoria final de Henrique e o rei francés.

Continou tamén coa Guerra dos Cen Anos contra os ingleses. Durante o seu reinado Avignon deixou de ser sede pontificia e o papa Gregorio XI reinstaurou Roma como tal en 1377. Ao ano seguinte Gregorio faleceu e Carlos aceptou como novo papa a Urbano VI. Porén, os cardenais escolleron a Clemente VII, coñecido como o Antipapa Clemente VII. O monarca francés acabou apoiando a Urbano, quen lle prometera levar de novo a sede a Avignon.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Carlos_V_de_Francia&oldid=4749218"