Carme (antroponimia)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Carme (nome)")
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Carme[1] é un nome propio galego feminino de orixe hebraica כרמן (Har ha'Karmel) que significa xardín de Deus; a través do latín Carmelus, co significado de canto, música, poema, esconxuro, feitizo. Karmel é o nome dun monte situado entre a fronteira de Galilea e Samaría.

Popularizado pola veneración á Virxe do Carme ou Nosa Señora do Monte Carmelo en Israel, o seu santoral é o día 16 de xullo.

Carme, e María do Carme, é un dos nomes máis comúns en Galiza, as máis das veces rexistrado coa súa variante española (Carmen, Maricarmen). Conta coa variante galega común ao portugués: Carmo. É común o diminutivo Carmiña e os hipocorísticos: Carmela, Carmucha, Mucha e Mela.

En España hai 10.136 persoas co nome Carme, a maioría en Cataluña, xa que o nome en catalán coincide co galego. En Galiza só 149 persoas levan o nome en galego; mentres que 37.320 levan a variante castelá.[2]

Variantes noutras linguas[editar | editar a fonte]

Variantes en otras lenguas
Árabe كارمين
Castelán Carmen
Catalán Carme
Chinés 卡门
Éuscaro Karmele, Karmiñe
Galego Carme, Carmo, Diminutivos: Carmiña, Carmela, Hipocorístico: Mucha
Grego Xαρμεν
Guaraní Kamé
Hebraico כרמן
Hindi कर्मेन
Inglés Carmen
Italiano Carmine
Portugués Carmo
Ruso Карме, Кармен
Xaponés カルメン

Persoas de sona[editar | editar a fonte]

Carme e Carmo

Galegas[editar | editar a fonte]

Outras[editar | editar a fonte]

Variante Carmen[editar | editar a fonte]

Galegas[editar | editar a fonte]

Outras[editar | editar a fonte]

  • Carmen Mejía Ruiz, é unha filóloga española, estudosa da lingua e literatura galegas.
  • Carmen Alborch, política española.
  • Carmen Amaya, bailadeira española.
  • Carmen Barbieri, actriz arxentina.
  • Carmen de Burgos, xornalista e escritora española.
  • Carme Canela, cantante de jazz española.
  • Carme Chacón, política española.
  • Carmen Conde, poeta española.
  • Carmen Conesa, actriz española.
  • Carmen Consoli, cantante italiana.
  • Carmen Electra, actriz e modelo estadounidense.
  • Carmen Flores, irmá de Lola Flores, cantante española.
  • Carmen Kass, modelo e xadrecista estoniana.
  • Carmen Laforet, escritora española.
  • Carmen Linares, cantante española.
  • Carmen de Lirio, vedette e actriz española.
  • Carmen Machi, actriz española.
  • Carmen McRae, cantante estadounidense.
  • Carmen Martín Gaite, escritora española.
  • Carmen Maura, actriz española.
  • Carmen París, cantante española.
  • Carmen Russo, vedette italiana.
  • Carmen Sevilla, actriz e cantante española.
  • Carmen Tórtola Valencia, bailarina española.
  • Carmen de Mairena, popular travesti catalá.
  • Carmen Cervera (María del Carmen Rosario Soledad Cervera), coñecida coma Tita Cervera ou Tita Thyssen, nobre española.
  • Margarita Carmen Cansino, coñecida como Rita Hayworth, actriz estadounidense de orixe española.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O nome galego Carme recóllese en numerosas fontes- http://sli.uvigo.es/DdD/ddd_pescuda.php?pescuda=Carme&tipo_busca=lema
  2. Consultado na Web do Instituto Nacional de Estadística de España a 16 de xullo de 2013- http://www.ine.es/tnombres/formGeneralresult.do;jsessionid=8411BFF3A47E8A78D9531877E8120020.tnombres01?vista=1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Carme_(antroponimia)&oldid=4548888"