Carmen Bayod Guinalio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carmen Bayod Guinalio
Carmen Bayod Guinalio

Actualmente no cargo
Dende o 11 de xuño de 2011
Precedido por Carmen Oliver Jaquero

Datos persoais
Nacemento 15 de xullo de 1949
Zuera (Zaragoza)
Partido Partido Popular
Profesión Avogada e profesora de universidade

María Carmen Bayod Guinalio, nada en Zuera (Zaragoza) o 15 de xullo de 1949,[1][2] é unha política española, membro do Partido Popular (PP).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Debido ao traballo de seu pai, a súa infancia pasouna de cidade en cidade por toda España, botando raíces xa de adulta en Albacete. Licenciada en Dereito e doutora pola Universidade de Castela-A Mancha (UCLM), exerceu como profesora das facultades de Dereito e Economía da UCLM en Albacete até 1996, e desde ese ano é profesora das facultades de Dereito e Políticas da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) en Albacete.

Empezou a súa actividade política como presidenta da Comisión de Educación e membro das Comisións Xurídica e da Muller no Partido Popular de Albacete (1997-2003), baixo o mandato do alcalde popular Juan Garrido Herráez. Tras as eleccións municipais de 1999, nas que foi terceira nas listas do PP, que foi derrotado polo PSOE de Manuel Pérez Castell, foi concelleira-portavoz do PP no concello de Albacete. Nas eleccións autonómicas de 2003, foi segunda na lista do PP ás Cortes de Castela-A Mancha pola provincia de Albacete, que encabezaba Adolfo Suárez Illana. Como deputada rexional, foi vicepresidenta da Comisión de Asuntos Xerais, vicepresidenta da Comisión de Vivenda e Urbanismo, vocal da Comisión de Educación, vocal da Comisión de Obras Públicas, vocal da Comisión de Educación e Ciencia, vocal da Comisión Non Permanente de Estudo sobre Castela-A Mancha no Espazo Europeo de Educación Superior e vocal da Comisión Non Permanente da Auga para Estudar todos os Aspectos Relacionados coa Política Hidráulica de Interese para Castela-A Mancha.[3] Desde 2005 é membro do Comité Executivo provincial do Partido Popular de Albacete e do Comité Executivo Rexional do PP de Castela-A Mancha. Ademais da docencia e a política, Carmen, dedicou e dedica tempo ao deporte. É monitora de Baloncesto. Foi delegada de Deportes e monitora do Colexio Ntra. Sra. Del Rosario (Dominicas) de Albacete (1983-1988) e recibiu o premio á mellor Escola de Baloncesto de Castela-A Mancha no ano 1986, outorgado en Cuenca pola FBCLM.

Nas eleccións municipais de 2007, foi cabeza de lista do Partido Popular para o concello de Albacete, nas que resultou derrotada polo alcalde Manuel Pérez Castell. Desde entón encabezou a oposición do Partido Popular no concello de Albacete, baixo os mandatos dos socialistas Pérez Castell e Carmen Oliver. Nas eleccións municipais de 2011 volveu competir pola alcaldía de Albacete, esta vez coa alcaldesa Carmen Oliver, obtendo nesta ocasión a maioría absoluta en votos e escanos.[4][5] Tomou posesión como alcaldesa de Albacete o 11 de xuño dese mesmo ano.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Carmen Oliver Jaquero
Escudo Albacete.svg
Alcaldesa de Albacete

2011–actualidade
Sucesor:
No cargo
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Carmen_Bayod_Guinalio&oldid=4847815"