Carmen Temprano Salorio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carmen Temprano Salorio
 Iñás
Falecemento5 de marzo de 1949
 Zas, Negreira
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistência
editar datos en Wikidata ]

Carmen Temprano Salorio, coñecida polo alcume A moza[1], nada en Iñás (Oleiros) e finada en Zas (Negreira) o 5 de marzo de 1949, foi unha guerrilleira antifranquista galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Integrante do grupo de Juan Couto Sanjurjo "Simeón". Foi ferida en Beldoña (Abegondo) nun tiroteo coa Garda Civil na mesma noite na que ardeu a Casa do Concello de Abegondo despois dun incendio provocado. Vestía con roupa masculina. Morreu ao fuxir logo de que a Garda civil descubrise o seu agocho nunha casa de Zas (Negreira).

Os seus restos mortais foron localizados nunha fosa común á beira da Igrexa de Santa María de Páramos en outubro de 2016.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Malvido, Gemma (11 de xuño de 2012). "Las mujeres que se llevó la guerra". www.laopinioncoruna.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2019. 
  2. "Encuentran los cuerpos de cuatro guerrilleros de la resistencia antifranquista". El Plural (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Carmen_Temprano_Salorio&oldid=5071724"