Casa de Traba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Casa de Traba
COA Casa de Traba.png
PaísReino de Galiza
Casa materna
  • Liñaxe Guterrez[1]
TítulosCondes de Galiza Condes de Trastámara
Último gobernanteRoi Gómez de Trastámara
Disolución1261
Ramas menores
  • Liñaxe Baticela da Limia (Pancenteo)[2]
  • Liñaxe Novoa[3]
  • Liñaxe Biedma[4]

A familia Froilaz-Traba (ou Traba), foi a mais importante liñaxe nobiliaria do Reino de Galiza dos séculos XI e XII. Os seus antecendentes familiares poden ser rastrexados até o conde Hermenexildo Guterrez, mordomo de Afonso III e conquistador de Coimbra no século IX. A súa descendencia esténdese até o século XIII, momento no que, após da morte sen herdeiros directos do seu último representante Rodrigo Gómez de Trastámara, dou lugar a outras destacadas liñaxes baixomedievais.

O nome de Traba, epónimo co que a historiografía alúde á estirpe dos Froilaz, áchase referenciado por primeira vez na Historia Compostelá dando nome a un castelo en poder de Rodrigo Pérez[5] ("comes Rodericus de Trava"), un dos fillos de Pedro Froilaz[6]. A mesma referencia recibe outro dos fillos do conde, Fernando Pérez[7] ("Comes domnus Fernandus de Trava"), o mesmo Pedro Froilaz ("Petro Froilaz de Trava") e outros membros do clan familiar[8]. Mais, malia a que esta denominación ficou fixada á liñaxe non é seguro que existise un un condado de Traba como tal[9]. O castelo de Traba e as terras do seu señorio incorporáronse ao patrimonio familiar mediante o casamento de Pedro Froilaz coa súa primeira esposa, Urraca Froilaz, filla do conde Froila Arias de Traba[10]. O contexto toponímico da documentación favorece a hipótese de que a localización desta fortaleza estivese na freguesía de Santiago de Traba en Laxe[11].

Patrimonio territorial[editar | editar a fonte]

Restos do castelo de San Xurxo, no monte Pindo de Carnota, que pertenceu aos Traba.

A estirpe dos Froilaz tivo a súa orixe territorial na terra de Trasancos, lugar no que posuíron as súas mais antigas propiedades patrimoniais: servos, casais, terras, igrexas e o seu mosteiro e panteón familiar de San martiño de Xuvia[12]. A súa ancestral presenza nestas terras revístese mesmo de tons míticos pola existencia dunha lenda fundacional, recollida no livro de linhagens do conde de Barcelos, na que se narra o naufraxio na costa trasanquesa dun lendario primeiro antergo, o conde Don Mendo[13].

Desde estas terras orixinais da contorna do río Eume, os Froilaz foron ampliando o seu patrimonio ao longo dos séculos mediante unións matrimoniais, compras, permutas e doazóns rexias, até acadar unha extensión dos seus dominios similar á da actual provincia da Coruña. A unión de todos os seus dominios territoriais constituíu o denominado Condado de Trastámara, etimolóxicamente "Trás o Tamara", e dicir, as terras após do río Tamara ou Tambre. Este condado extendiase desde Noia até a terra de Ortigueira, abranguendo as terras de Arzúa, Sobrado e Aranga[14]. O primeiro conde de Trastámara foi Pedro Froilaz de Traba ("comite donnus Petrus in Trastamar")[15], e a titulación pertenceulles aos Froilaz até o pasamento do seu último representante Roi Gómez de Trastámara que, falecido sen descendencia directa, pasou o título á súa irmá Sancha Gómez, esposa do nobre castelán Gonzalo Pérez de Lara, señor de Molina[16].

Propietarios de mosteiros[editar | editar a fonte]

Mosteiro de San Salvador de Celanova. Fundado polos antecesores da casa de Trava.

Para garantir a continuidade indivisa do seu patrimonio familiar, a estratéxia empregada polos Froilaz, e pola nobreza galega do seu tempo, era o emprego e a creación de mosteiros familiares (“monasterios nostros”[17]). Estes cenobios, constituídos inicialmente por relixiosos de ambos sexos[18], funcionaban como unha sorte de montepíos da nobreza[19], e permitían vincular grandes propiedades a unha determinada liñaxe[20].

Os nobres, nunha aparente doazón denominada "enfiteuse"[21], cedían os seus bens raices aos mosteiros recibindo destes as rendas xeradas[22]. No remate do contrato, tres xeracións e vintenove anos no caso galego[23], toda a propiedade revertia de novo no clan, ou no seu último membro supervivinte (postromeiro)[24], momento no que voltavan a aforarse as propiedades.

Este antigo sistema de terras familiares en común, chamado fintiu na tradición céltica[25], é a causa pola que nos documentos das doazóns dos Froilaz sempre figuran como confirmantes varios membros da liñaxe[26], xa que a propiedade dos bens esta mancomunada e require da disposición conxunta dos condóminos[27]. E é tamén o motivo polo que cando o mosteiro de Xuvia foi cedido á orde de Cluny por Pedro Froilaz no ano 1113, os sorprendidos visitadores da orde comproban que o mosteiro carece de bens propios[20] e que, ademais, non poden facer nada para remedialo[28].

Un exemplo deste proceso pódese atopar na Terra de Trasancos onde se observa como mediante doazóns do clan toda a terra e os seus moradores van ficando baixo o dominio do mosteiro de Xuvia, e por tanto dos Froilaz[29][30]. Esta situación reproduciase nos outros mosteiros situados nos territorios da familia[28], chegando ao punto de que é imposíbel estudar as fundacións e historia dos mosteiros de Monfero, Sobrado, Caaveiro, Cambre, Cis, Bergondo, Xanrozo, Dormeá, Nogueirosa, Pedroso, Xuvia, etc... sen atopar continuadamente referencias á estirpe dos Froilaz[31].

Xenealoxía[editar | editar a fonte]

Mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes. Os tombos deste mosteiro son a principal fonte de información sobra as orixes da familia Froilaz.

Utilizando en especial os tombos dos mosteiros, que reflicten minuciosamente as cesións efectuadas aos cenobios pola nobreza, os estudos xenealóxicos rastrean a orixe da casa de Trava até facela entroncar co conde Guterre Aloitiz[32]. Dos tres fillos deste conde orixínaronse as liñaxes aristocráticas mais importantes da Galiza altomedieval: Osorio Guterrez: Liñaxe Osorio[33], fundadores do mosteiro de San Salvador de Lourenzá; Aloito Guterrez: Liñaxe Aloitiz[34], fundadores do mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes; e Hermexildo Guterrez: Liñaxe Méndez[35], liña antecesora da familia Froilaz-Trava.

  • Guterre Méndez (865-934), ostentou a titularidade xunto a seu irmán Arias de, cando menos, seis dos condados galegos[42]. No ano 927 restaurou o Mosteiro de Santa María de Riba de Loio situado na vía da prata, no camiño de Santiago. Casou con Aldara de Celanova, fundadora no 950 do mosteiro de San Salvador de Celanova, coa que enxendrará cinco fillos: Munio; Rosendo de Celanova, bispo de Mondoñedo; Froila; Adosinda; e Hermesinda[43].
  • Munio Guterrez (- 960), fillo primoxénito de Guterre Mendez e Aldara de Celanova. Casou con Elvira Arias, filla do seu tio Arias Mendez. Herdou parte dos condados gobernados polos seus pais e o seu sogro. Apoiou a Afonso IV na súa revolta contra Ramiro II o que motivou a perda do favor real[44]. O seu irmán Froila Guterrez (- 943), terceiro fillo de Guterre Mendez, tamén herdou parte dos dominios dos seus pais. Durante o reinado de Ramiro II, desempeñou as funcións de astoricensis comes. No 943 retirouse como freire ao mosteiro familiar de Celanova[45].
  • Gonzalo Muñoz (- 982), conde de Coímbra, foi fillo de Munio Guterrez. Enfrontado ao rei Sancho I, pasou a historia por envelenalo. Posteriormente foi aliado de Vermudo II durante a guerra civil que mantivo con Ramiro III[46]. Casou con a súa curmá Muniadomna Froilaz, filla do conde Froila Guterrez, coa que enxendrou catro fillos: Froila, Gotina, Munio e Ero.[47]
  • Froila González (- +1017), foi o primoxénito do conde Gonzalo Muñoz e Muniadomna Froilaz. Enfrontado ao rei Vermudo II formou parte dos condes galegos aliados de Almanzor na súa soada razzia a Compostela do ano 997, o que motivou que Afonso V o desterrara de Galiza no 1017. O conde Froila tivo dous fillos: Gonzalo e Rodrigo[48].
  • Rodrigo Froilaz, tamén chamado Manido Guterrez, tivo por fillo a Froila Rodriguez. O seu irmán Gonzalo Froilaz, tivo unha filla chamada Eneca González.
  • Froila Rodríguez, casou coa súa curmán Eneca González, coa que tivo catro fillos: Vermudo, María, Rodrigo e Fernando.
  • Vermudo Froilaz (1028-1060), chamado Manido, casou coa nobre Guntronda de Ribeira[49], e en segundas nupcias con dona Lupe Rodriguez. Deste segundo casamento tivo dous fillos. Froila e Lucia. Está soterrado xunto coa súa segunda esposa no Mosteiro de San Martiño de Xuvia na terra de Trasancos.[50]

Froila Vermudez e os seus fillos[editar | editar a fonte]

O primeiro membro ben documentado da liñaxe Trava foi o conde Froila Vermúdez, vinculado á terra de Trasancos[51] . Foi probabelmente o fundador do Mosteiro de Santa María de Xanrozo en Betanzos[52], e a súa figura documéntase arredor do ano 1060 presidindo litixios xudiciais noutro cenobio, o de San Martiño de Xuvia, onde era considerado polos monxes como dominus noster.

Mantivo un longo preito territorial coa igrexa compostelá durante os bispados de Cresconio e o seu sobriño Gudesteo. Para solucionar o conflito o conde ordenou asasinar e despezar ao bispo Gudesteo nunha noite de Coresma[53]. Foi defensor do rei García II, e cando derrotado este tivo que someterse ao seu irmán Afonso VI, aceptouno como rexente do reino galego non como rei[54]. Este feito, recollido nos tombos do mosteiro de Xuvia, fai sospeitar a algún historiador que a crianza do seu fillo primoxénito, Pedro Froilaz, na corte do rei Afonso VI fose en calidade de refén[51]. Estivo presente na batalla de Zalaca contra os almorábides da que saiu milagrosamente ileso. Como agradecemento doou ao mosteiro de Xuvia a vila de Domirón en Trasancos.

Casou en primeiramente con Elvira de Faro[55], filla de Mendo Vermúdez de Faro, aio do rei Afonso V, e en segundas nupcias con Dona Lucia. O conde Froila faleceu o 27 de marzo de 1091 na vila de Cospeito, durante unha visita ao seu fillo Gonzalo, bispo de Mondoñedo. Foi soterrado xunto ao seu pai no Mosteiro de San Martiño de Xuvia.

Do seu casamento con Elvira de Faro tivo os seguinte fillos[47]: Gonzalo Froilaz, bispo de Mondoñedo; Pedro Froilaz, conde de Galiza e Trastámara; Rodrigo Froilaz[56]; Visclavara Froilaz; e Adosinda Froilaz. Do segundo matrimonio: Munia Froilaz, fundadora do Mosteiro de San Salvador de Pedroso; e Hermesenda Froilaz[57].

Pedro Froilaz e os seus fillos[editar | editar a fonte]

Sartego de Pedro Froilaz no Panteón Real da Catedral de Santiago.

A liñaxe de Traba[editar | editar a fonte]

O primeiro conde de Traba, así mencionado nun documento do 28 de marzo de 1098, foi Pedro Froilaz (fillo de Froila Vermúdez), quen foi antes conde de Ferreira (Ferraria, no latín da época, localidade do distrito de Bergantiños) e despois o primeiro conde de Galiza até a súa morte en 1128. O seu fillo, Fernando Pérez de Traba, tivo enorme influencia no Condado Portucalense.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Liñaxe Gutiérrez S.IX-X". Xenealoxias do Ortegal. Consultado o 07/10/2018. 
  2. "Liñaxe Limia S.XII-XIII". Xenealoxías do Ortegal. Consultado o 07/10/2018. 
  3. "Liñaxe Novoa S.XII-XV". Xenealoxías do Ortegal. Consultado o 07/10/2018. 
  4. "Liñaxe Biedma S.XIII-XIV". Xenealoxías do Ortegal. Consultado o 07/10/2018. 
  5. "Rodrigo Pérez". Xenealoxias do Ortegal. Consultado o 06/10/2018. 
  6. FALQUE REY (ed.) 1994. p. 517
  7. "Fernando Pérez". Xenealoxías do Ortegal. Consultado o 06/10/2018. 
  8. "Tenencia Traba". Xenealoxias do Ortegal. Consultado o 06/10/2018. 
  9. LÓPEZ SANGIL 2005. p. 10
  10. "Liñaxe Traba, S. X". www.xenealoxiasdoortegal.net. Consultado o 2018-11-16. 
  11. Martínez Lema, Paulo (2009). "Hidrotoponimia da comarca de Bergantiños na documentación do Tombo de Toxos Outos" (PDF). Ianua. Revista Philologica Romanica (9): 206–207. ISSN 1616-413X. 
  12. Pena Graña, Andrés (1993). Narón, un concello con historia de seu 2. Concello de Narón. p. 57. ISBN 84-87674-32-1. 
  13. Lavanha, João Baptista (1640). NOBILIARIO DEL CONDE D. PEDRO (en portugués). Por Estevan Paolinio. 
  14. López Teixeira, Xosé Antonio (2013). Rex et Regina: Urraca, Afonso Raimúndez e a monarquía galega. Toxos Outos. p. 24. ISBN 978-84-15400-78-3. 
  15. "Tenencia do condado de Trastámara no reinado de Urraca I (1109-1126) e Afonso VII (1111 - 1157)". www.xenealoxiasdoortegal.net. Consultado o 2018-12-07. 
  16. "O derradeiro Traba". www.falamedesansadurnino.org. Consultado o 2018-12-06. 
  17. "Doazón de Naraío para o mosteiro de Xuvia". www.falamedesansadurnino.org. Consultado o 2018-12-04. 
  18. Xosé Antón García González (2012-02-24). "Un mosteiro dúplice". Consultado o 2018-12-04. 
  19. Pena Graña, André (2007). Narón, un concello con historia de seu III. Concello de Narón. p. 151. ISBN 978-84-920185-98. 
  20. 20,020,1 Pena Graña, André (2007). Narón, un concello con historia de seu III. Concello de Narón. p. 152. ISBN 978-84-920185-98. 
  21. "Enfiteuse" (en portugués). 2018-06-18. 
  22. Frez, Amancio Isla (1992). La sociedad gallega en la Alta Edad Media (en castelán). Editorial CSIC - CSIC Press. ISBN 9788400072155. 
  23. Pena Graña, André (2007). Narón, un concello con historia de seu III. Concello de Narón. p. 103. ISBN 978-84-920185-98. 
  24. Pena Graña, André (2007). Narón, un concello con historia de seu III. Concello de Narón. p. 104. ISBN 978-84-920185-98. 
  25. Maier, Bernhard (2000). Dictionary of Celtic Religion and Culture (en inglés). Boydell & Brewer. ISBN 9780851156606. 
  26. Cal Pardo, Enrique (1984). El monasterio de San Salvador de Pedroso en tierras de Trasancos. Deputación da Coruña. p. 20. ISBN 84-505-0120-2. 
  27. Pena Graña, Andrés (1993). Narón, un concello con historia de seu 2. Concello de Narón. p. 79. ISBN 84-87674-32-1. 
  28. 28,028,1 Pena Graña, André (2007). Narón, un concello con historia de seu III. Concello de Narón. p. 153. ISBN 978-84-920185-98. 
  29. "Doazón de Naraío para o mosteiro de Xuvia". www.falamedesansadurnino.org. Consultado o 2018-12-04. 
  30. "Vendo Ferreira por un cabalo de cor baio". www.falamedesansadurnino.org. Consultado o 2018-12-06. 
  31. López Sangil, Jose Luis (2007). "La nobleza altomedieval gallega. La familia Froilaz-Traba. Sus fundaciones monacales en Galicia en los siglos XI, XII y XIII" (PDF). Nalgures (4): 261–322. 
  32. Sáez, Emilio (1948). Los ascendientes de San Rosendo. CSIC. p. 6. 
  33. 33,033,1 "Liñaxe Osorio". Xenealoxias do Ortegal. Consultado o 14/10/2018. 
  34. "Liñaxe Aloitiz". Xenealoxías do Ortegal. Consultado o 14/10/2018. 
  35. TORRES SEVILLA 1999. p. 298
  36. Isla Frez, Amancio (1992). La sociedad gallega en la Alta Edad Media. CSIC. p. 139. 
  37. "Liñaxe Guterrez". Xenealoxías do Ortegal. Consultado o 14/10/2018. 
  38. "Liñaxe Arias". Xenealoxías do Ortegal. Consultado o 14/10/2018. 
  39. "Liñaxe Ordoñez". Xenealoxías do Ortegal. Consultado o 14/10/2018. 
  40. "Liñaxe Eriz". Xenealoxías do Ortegal. Consultado o 14/10/2018. 
  41. Sáez, Emilio (1948). Los ascendientes de San Rosendo. CSIC. pp. 12–25. 
  42. TORRES SEVILLA 1999 p. 306
  43. "Liñaxe Betótiz". Xenealoxías do Ortegal. Consultado o 14/10/2018. 
  44. TORRES SEVILLA 1999. p. 309
  45. LÓPEZ SANGIL 2005 p. 15
  46. TORRES SEVILLA 1999. p. 311
  47. 47,047,1 "Liñaxe Froilaz-Trava". Xenealoxías do Ortegal. Consultado o 14/10/2018. 
  48. LÓPEZ SANGIL 2005. p. 15
  49. "Liñaxe Riveira". Xenealoxías do Ortegal. Consultado o 15/10/2018. 
  50. LÓPEZ SANGIL 2005. p. 16.
  51. 51,051,1 "Os Froilaz, unha dinastía de Trasancos". Fidalgos de Narón. Consultado o 16/10/2018. 
  52. Daviña Sáinz, Santiago (1998). "El monasterio de las Cascas (Betanzos)" (PDF). Anuario Brigantino (21): 79. ISSN 1130-7625. 
  53. López Ferreiro, Antonio (1899). Historia de la Santa a.m. iglesia de Santiago de Compostela 2. pp. 550–552. 
  54. LÓPEZ SANGIL 2005. p. 17
  55. "Liñaxe Faro". Xenealoxías do Ortegal. Consultado o 15/10/2018. 
  56. "Liñaxe Mandiá". Xenealoxías do Ortegal. Consultado o 15/10/2018. 
  57. "Liñaxe Creszoniz". Xenealoxías do Ortegal. Consultado o 15/10/2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Casa_de_Traba&oldid=5012044"