Casa dos Mosaicos
A Casa dos Mosaicos é unha antiga domus romana é museo situado no centro da cidade de Lugo, en Galicia, onde se poden visitar restos da antiga casa, como os mosaicos ou pinturas murais.
Descrición[editar | editar a fonte]
A Casa dos Mosaicos está situada na rúa Doutor Castro, coñecida popularmente como rúa das Docerías, pegada á Praza Maior. A casa na que se atoparon os mosaicos, e onde están expostos, foi unha casa grande que, segundo os restos achados, foi construída entre os séculos I e II. Dentro da casa pódense atopar antigos mosaicos decorativos, pinturas murais decorativas, bases de columnas e os restos do hypocaustum o cal aseguraba a calefacción da casa. Dentro realízase ademais unha montaxe audiovisual que reproduce o que foi a vida nesa casa.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
|