Casas de Oya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Coordenadas: 42°14′14.59″N 8°43′7.03″O / 42.2373861, -8.7186194

Casas de Oya
MPacewick1904, AIglesias-MJMaldonado1998.JPG
Casas de Oya, hoxe convertido en hotel
Edificio
Estilo Eclecticismo
Localización Avenida García Barbón Vigo (Galiza)
Construción
Construción 1904
Remate 1904
Dimensións
Plantas 5 (4 + faio)
Equipo
Arquitecto(s) Michel Pacewicz
Enxeñeiro estrutural Manuel Pérez Conde
Contratista Dimas Vallcorba
Promotor Xosé García Barbón

As casas de Oya é un edificio de 1904 obra do arquitecto galo Michel Pacewicz, que se atopa na avenida García Barbón (número 15, 17 e 19), no centro da cidade de Vigo. Hoxe en día é o Hotel NH Palacio de Vigo****.

Historia[editar | editar a fonte]

A obra encargáralla Xosé García Barbón ao arquitecto francés Michel Pacewicz, que daquela moraba en Vigo. Dimas Vallcorba asinou a obra no mes de febreiro de 1904 e Manuel Pérez Conde encargouse da obra.

Rehabilitárono en 1998 os arquitectos Alberto Iglesias Álvarez e María José Maldonado Tornero, respectando a arquitectura exterior e ampliando cun discreto andar adicional a xeito de faiado fechado, de forma que segue a salientar o coroamento e as bufardas do cume. Hoxe en día no edificio hai instalado un hotel, de catro estrelas, con 108 cuartos, o NH Palacio de Vigo.

Descrición e estilo[editar | editar a fonte]

Feito totalmente en cantaría de granito galego, o estilo do inmóbel de cinco andares é ecléctico con andares pouco individualizados e pouco perceptíbeis e representa un cambio na arquitectura de Pacewicz na cidade até a data. A diferenza doutras casa podentes da época, este edificio posúe simpleza ornamental, limpeza e uniformidade no seu estilo. Ten corte francés e base neobarroca de forte simetría. A fachada ten pouca ornamentación, agás o tratamento dos canzorros dos balcóns individualizados e miradoiros. O baixo é de cantaría con almofadado nas pilastras que soportan os arcos de medio punto. Os miradoiros do segundo andar teñen enfeites neoclásicos e pilastras con chapiteis xónicos que aturan un friso a xeito de entaboamento. A balconada corrida do primeiro e o último andar reforzan a horizontalidade do edificio. Salientan as catro grandes fiestras saíntes do segundo andar. O cumieiro da casa combina petrís e varandas de pedra de gra nas que se sitúan unhas bufardas rematadas en frontóns curvos e partidos enfeitados con volutas nos laterais inferiores.

A fachada principal e máis longa dá a García Barbón, a lateral, cara a rúa da República Arxentina é pequena, semellante á principal, mais cunha galería no primeiro andar de ferro cinsento, noutrora de madeira.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Casas_de_Oya&oldid=4539968"