Castelanización

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A castelanización (castelán: castellanización)[1] é o termo dado ao proceso polo cal un lugar ou unha persoa é influenciada pola cultura castelá ou un proceso de cariz cultural ou lingüístico polo cal algo ou alguén se fai castelán. A castelanización maniféstase polo uso da lingua castelá, a produción e o consumo de comida española, a música española e a celebración dos días festivos de España. É o termo que se deu ao proceso polo cal un lugar ou unha persoa está influenciada pola cultura castelá ou por un proceso cultural ou lingüístico polo que algo ou alguén se fai castelán.[2] Nas antigas colonias españolas o termo tamén é usado no ámbito lingüístico para o proceso de substitución das linguas indíxenas polo castelán.[3]

Historia[editar | editar a fonte]

Ao principio, a castelanización foi un fenómeno puramente ibérico: tivo inicio no ámbito da reconquista e da unificación nacional española, aportando, entre outras cousas, a expulsión dos hebreos e dos mouros da península ibérica. Estendeuse tamén ás colonias, onde leva o nome de hispanización. Máis tarde, algúns dos países da denominada hispanidade americana deron lugar á castelanización (ás veces - como denuncia do colonialismo español, cómplice da lenda negra española - en clara oposición a iso), incluíndo a mexicanización e a colombianización.

En España, o termo castelanización pode referirse á absorción cultural e lingüística dos guanches, povo berber indíxena das illas Canarias.[4] As illas serían conquistadas polos españois no século XV.[5]

O termo tamén utilízase para describir o proceso histórico mediante o cal os falantes de linguas minoritarias españolas como o éuscaro, o catalán, o asturiano, o aragonés ou o galego están lingüísticamente asimilados e abandonan progresivamente a súa lingua para comezar a falar castelán.[6][7][8] Este proceso foi e continua sendo moito máis acentuado ao asturo-leonés e ao aragonés.[9][10]

Castelanización en Galicia[editar | editar a fonte]

A distinción entre lingua e dialecto revela ser tan problemática como o é o caso do galego que, aparentemente, non ten status de lingua, o que significa que sería un dialecto. O punto é que se fose dialecto, sería un dialecto do portugués, non só por mor da súa proximidade estrutural, senón tamén xeográfica, histórica e en termos de intercomprensión. O portugués e o galego teñen unha historia común, nacen como galego-portugués, acando da formación do estado portugués. Con todo, o propio portugués podería ter sido absorbido pola lingua española, ou polo menos ter chegado a ser considerado un mero dialecto da mesma, non fose o acaso histórico de D. Afonso Henriques que deu inicio á conquista dos territorios do sur, ata o Algarve. Esta configuración do que se convertería no actual estado portugués deu forza política ao "dialecto portugués" do "galego-portugués" para impoñerse como lingua. Con todo, vale a pena mencionar que o portugués chega a ser máis parecido ao español que o catalán, que se atopa no territorio do estado español.[11]

Debido à castelanización, o galego até hoxe está a caer, a "perder terreo" cara ao castelán, a pesar dos esforzos para reavivar o gusto por esta lingua, son cada vez máis o número de monolingües españois en Galicia, é dicir, o galego, aínda que non estea en risco de extinción, está nunha situación preocupante de diglosia cara o castelán. Importa resaltar a importancia dalgunhas institucións e plataformas que loitan diariamente pola supervivencia desta lingua, como é o caso da plataforma Queremos Galego! e da propia Real Academia Galega (RAG), que unen esforzos todos os anos para difundir esta lingua que se perde cada vez máis fronte o castelán.

Castelanización do aragonés[editar | editar a fonte]

O proceso de castelanización da lingua aragonesa é un feito histórico estudado de trazo pouco convincente para quen coñeixe a realidade do aragonés. Moitas palabras caen en preitos ideolóxicos que anulan a personalidade da propia lingua aragonesa.

Mecanismos de substitución lingüística[editar | editar a fonte]

A substitución lingüística depende do cambio na frecuencia do emprego dos usos lingüísticos pertencentes a un sistema lingüístico por os doutro. As variables que inflúen nesta substitución son moitas (xeografía, natalidade, prestixio, escola, medios de comunicación, exército, etc.), de difícil estudo e peor cuantificación.

A substitución é máis fácil entre linguas da mesma familia e de fácil intercomprensión, caso do aragonés e do castelán, pero tamén pode atoparse entre diferentes familias. Calquera substitución pasa por unha comprensión previa. Só se pode adquirir o uso dunha lingua se se entender esa lingua, aínda que apenas se deba a ruídos (conxunto de interferencias físicas e psicolóxicas que deforman a mensaxe).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Real Academia Española (ed.). "Definición de castellanización". Consultado o 30 de agosto de 2017. 
  2. Real Academia Española (ed.). "Definición de castelanizar". Consultado o 30 de agosto de 2017. 
  3. Izquierdo, Milagros Aleza (1999). Universitat de València, ed. Estudios de Historia de la lengua española en América y España (en castelán). ISBN 9788437039350. 
  4. El Instituto, ed. (2011). Cuadernos de historia (en castelán). 
  5. NTI. "SÍNTESIS DE HISTORIA CANARIA". www.gobiernodecanarias.org. Consultado o 2017-05-31. 
  6. Martín de (1981). Cupsa, ed. Historia de Euskadi (en castelán). 
  7. Esteban, Alfonso Manjón (2014-04-07). Ediciones Universidad de Salamanca, ed. Las reconstrucciones de la pasado: Cataluña en el discurso de las historiografía de posguerra (1939-1959) (en castelán). ISBN 9788490122679. 
  8. Barreiro, Gustavo Fabra (1976). Ediciones AKAL, ed. Los Gallegos (en castelán). ISBN 9788470900068. 
  9. Compañía Internacional Editora (ed.). Enciclopedia temática ciesa: El lenguaje, literaturas hispánicas: castellana, catalana, gallega, vasca e hispano americana (en castelán). 
  10. Arroyo, José Luis Blas (2002). Publicacions de la Universitat Jaume I, ed. Estudios sobre lengua y sociedad (en castelán). ISBN 9788480213660. 
  11. Honório do Couto, Hildo (2007). Thesaurus Editora, ed. [8570626037 Ecolingüística: estudo das relações entre língua e meio ambiente] |url= incorrecto (Axuda). Brasília. p. 323. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Beatriz Garza Cuaron and Doris Bartholomew. Languages of intercommunication in Mexico. In: Stephen Adolphe Wurm, Peter Mühlhäusler, Darrell T. Tyron (1996), Atlas of languages of intercultural communication in the Pacific (1622 pàgines), pp. 1254–1290. Chapter 2. Historical outline, p. 1258, 2.1.5: Replacement of the dominant indigenous languages by Spanish, pp. 1260–1262. Capítol 4: Spanish as a language of intercommunication, from the Conquest to present. pp. 1270–1271. (en inglés)
  • Rainer Enrique Hamel: Bilingual Education for Indigenous Communities in Mexico. Encyclopedia of Language and Education (2008), Part 5, Part 18, pp. 1747–1758. (en inglés)
  • Juan Carlos Godenzzi: Language Policy and Education in the Andes. Encyclopedia of Language and Education (2008), Part 1, Part 4, pp. 315–329. (en inglés)
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Castelanización&oldid=4742141"