Castelo de San Sebastián (Vigo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Castelo de San Sebastián
Vigo, fortaleza de San Sebastián, muralla - panoramio.jpg
Concello Vigo
Provincia Provincia de Pontevedra
Comunidade
autónoma
Galicia
Estilo arquitectónico
Estilo orixinal renacemento (século XVII)
Estilo actual Renacemento
Neoclásico (século XVII
século XVIII)
Estado actual Semiderruído
Véxase tamén
Castelos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

O Castelo de San Sebastián é unha fortaleza do século XVII situada en Vigo.

Historia[editar | editar a fonte]

Época moderna[editar | editar a fonte]

O castelo ergueuse ao mesmo tempo que a vila se comezaba a amurallar en 1656 durante o reinado en España de Filipe IV co obxectivo de protexer a Vigo dos ataques de ingleses e portugueses. Galicia quedara hai tempo anexionada a Castela, e Portugal entrou en guerra pola independencia de España, polo que Galicia pasou de irmán a inimigo[1].

No lugar onde se ergue o castelo había unha ermida baixo a advocación de San Sebastián, e a nova muralla cerraría até dita capela, onde ademais se levantaría un forte. Dende o castelo o muro ía deica a Porta do Sol, baixando pola rúa Carral até o peirao da Laxe, seguindo pola beiramar deica O Berbés e subindo de novo pola Rúa Real até a ermida (castelo). Juan de Villarroel y Prado foi quen proxectou os traballos tanto do castelo de San Sebastián coma do Castelo do Castro, situado a uns centos de metros monte arriba. En 1665 Portugal sitiou a vila por seis días; foi cando os enxeñeiros militares Carlos e Fernando de Grunemberg ligaron as dúas fortificacións cun muro, que para 1667 estaría rematado. Porén tanto castelos coma muralla construíronse axiña e con poucos medios. A muralla non tiña foso e os muros non tiñan consistencia, nin revelíns.

Vigo en 1856, por Francisco Coello.

En 1719 os ingleses invaden Vigo e o castelo ficou en ruínas pasando a utilizarse como corte do gando, defendéndose logo a vila dende o castelo do Castro. Téñense atopado pasadizos e túneles que ligaban os dous castelos entre si e a cidade[2]

Época contemporánea[editar | editar a fonte]

Xa no século XIX serviu de hospital e sufre algunhas modificación para acoller este uso. Nos anos 20 do século XX, o daquela alcalde Mauro Alonso Giménez-Cuenca considera a recuperación dos dous castelos. O de San Sebastián seguiu coma cuartel militar até 1964, cando pasa a ser propiedade do Concello de Vigo, e grazas aos rexedores Alberto Varela Grandal e despois Xosé Ramón Fontán. No ano 1970 o alcalde Antonio Ramilo Fernández-Areal, por intereses especulativos, decide contruír o novo pazo do concello da cidade, até entón situado nun edificio da Praza da Constitución, para o que se derrubaron algúns dos lenzos do muro do castelo. A nova casa do concello foi inaugurada polos Reis de España en 1976 sendo alcalde Joaquín García Picher. En 1983 considerouse o derrubamento da parte do castelo aínda en pé, así como da Ponte de Castrelos, finalmente, porén, non se executou. Nos anos 90 remodelouse a Praza do Rei que aínda degradou máis a contorna do castelo[3].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Artigos relacionados[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Castelo_de_San_Sebastián_(Vigo)&oldid=4690920"