Castro das Grobas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Coordenadas: 43°33′17.1″N 07°02′57.9″O / 43.554750, -7.049417

Castro das Grobas
Grobas2.JPG
Esquema do castro das Grobas ó lado da insua de Vilaselán, en vermello, os foxos.
Parroquia Vilaselán
Concello Ribadeo
Provincia Lugo
Comunidade autónoma Galicia
Id. catálogo GA27051007
Cronoloxía
Datas de ocupación ?
Data da descuberta ?
Períodos de escavación Non escavado
Estado actual ?
Extensión estimada aprox. 2,5 ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

O castro das Grobas é un castro situado na parroquia de Vilaselán, no concello de Ribadeo, na provincia de Lugo. Está incluído no Inventario da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural co número GA27051007.

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

O castro, litoral, ten unha forma circular ben definida, cunhas dimensións máximas duns 230 m x 180 m, ocupando algo máis de dúas hectáreas e media, centrado en 43º33'22”N, 7º2'53”O, ó sur da insua de Vilaselán. Suponse que a insua veciña ten algo que ver co castro, pois apareceron alí restos arqueolóxicos como cerámicas.

Distínguense tres foxos paralelos escavados na rocha e de anchura entre 8 e 10 m, separados por parapetos.[1] Asemade, hai indicios de un ante castro, protexido por outro foxo.

Non se aprecian destrucións nin alteracións. Na actualidade o castro forma parte dun terreo comunal creado a resultas da concentración parcelaria en Vilaselán, Ribadeo.

A datación abrangue dende a época castrexa do ferro a finais da conquista romana.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rodríguez Díaz, José María (2009). Sobre os Castros de Ribadeo. AVV O Tesón. p. 7. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Castro_das_Grobas&oldid=4740004"