Castro de Abegondo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Coordenadas: 43°13′26″N 8°18′00″O / 43.22389, -8.30000

Castro de Abegondo
Parroquia Abegondo
Concello Abegondo
Provincia A Coruña
Comunidade autónoma Galicia
Id. catálogo GA15001006
Cronoloxía
Estado actual Conservado
Véxase tamén
Castros de Galicia

O castro de Abegondo ou Agra do Castro, é un castro situado no lugar do Castro na parroquia de Abegondo, no concello coruñés de Abegondo.

Descrición[editar | editar a fonte]

O castro de Abegondo consta dun recinto fortificado de planta ovalada. Cunha orientación no eixe maior de NL-SO. O eixe maior mide uns 120 metros e o menor uns 100m Está defendido basicamente por dous terrapléns con foxo. Conta cun singular sistema de acceso, que se efectúa por medio dunha rampla que cobre o foxo e penetra na croa pasando entre dúas torres ou bastións, situada ao NL[1].

Arqueoloxía[editar | editar a fonte]

Non se ten noticia de que se teñan realizado campañas arqueolóxicas. Na actualidade non está visitable.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Castro_de_Abegondo&oldid=4740392"