Castro de Areosa-Xuanzos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Coordenadas: 43°12′48.33″N 8°14′34.38″O / 43.2134250, -8.2428833

Castro de Areosa-Xuanzos
Parroquia Abegondo
Concello Abegondo
Provincia A Coruña
Comunidade autónoma Galicia
Cronoloxía
Estado actual Pésimo, case desaparecido
Extensión estimada 1 ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

O castro de Areosa-Xuanzos é un castro situado no lugar da Areosa na parroquia de Abegondo, no concello coruñés de Abegondo. Foi achado na elaboración do Plano Xeral de Ordenación Municipal de Abegondo[1] por referencias toponímicas e pola posterior exploración do lugar.

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

O castro é un amplo recinto curcular nun esporón en fronte ao rego do Corveiro. A morfoloxía non está determinada, mais hai restos de muralla e muros de cachote de certa altura no sector suroeste, posibles zonas de acceso ao castro desde o exterior[2].

Arqueoloxía[editar | editar a fonte]

Non se ten noticia de que se teñan realizado campañas arqueolóxicas. Na actualidade non está visitable.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [1] Plan Xeral de Ordenación Municipal de Abegondo - aprobación definitiva. 2012.
  2. Catálogo de protección arqueolóxica no PXOM do concello de Abegondo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Castro_de_Areosa-Xuanzos&oldid=4740397"