Castro de Cos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Coordenadas: 43°13′48″N 8°14′56″O / 43.2298778, -8.2487528

Castro de Cos
Parroquia Cos
Concello Abegondo
Provincia A Coruña
Comunidade autónoma Galicia
Id. catálogo GA15001007
Cronoloxía
Estado actual Regular
Véxase tamén
Castros de Galicia

O castro de Cos é un castro situado no Barral na parroquia de Cos, no concello coruñés de Abegondo.

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

O castro de Cos consta dun recinto principal fortificado de forma elíptica, defendido por un terraplén interno. Este terraplén ten entre 4 e 6 metros de altura no arco E-S-O e uns 23 de ancho. Nesta mesma zona consérvanse restos dun primeiro foxo duns 4 m. de ancho, e que na parte setentrional foi destruído por movementos de terras[1].

O sistema defensivo complétase cun segundo parapeto, duns 4 metros de alto e 12 de ancho. Está reforzado cun segundo foxo moi deteriorado, do que só se conserva o arco sudoriental.

Arqueoloxía[editar | editar a fonte]

Non se ten noticia de que se teñan realizado campañas arqueolóxicas. Na actualidade non está visitable.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Castro_de_Cos&oldid=4740424"