Castro de Mabegondo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Coordenadas: 43°14′29″N 8°17′04″O / 43.2413102, -8.2843321

Castro de Mabegondo
Parroquia Mabegondo
Concello Abegondo
Provincia A Coruña
Comunidade autónoma Galicia
Id. catálogo GA15001016
Cronoloxía
Estado actual Deteriorado
Véxase tamén
Castros de Galicia

O castro de Mabegondo, ou castro ou de Santiso, é un castro situado na parroquia de Mabegondo, no lugar do Castro, no concello coruñés de Abegondo.

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

Consta dun dobre recinto fortificado. O interior ten planta oval, cunhas dimensións de 195 metros de diámetro no eixo NL-SO e 65 no eixo NO-SL. Está defendido por muros e terrapléns, máis amplos na parte SO. Un segundo recinto rodea completamente ó primeiro. Consiste nun parapeto construído a base de terra e con reforzos de cachote[1].

Conservación[editar | editar a fonte]

O recinto central foi parcialmente destruído por obras recentes. O segundo está afectado por movementos de terras e a parte do parapeto polo leste foi destruída.

Arqueoloxía[editar | editar a fonte]

Non se ten noticia de que se teñan realizado campañas arqueolóxicas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [1] Plan Xeral de Ordenación Municipal de Abegondo - aprobación definitiva. 2012.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Castro_de_Mabegondo&oldid=4740439"