Castro de Orto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°16′15″N 8°17′00″O / 43.2709505, -8.2832093

Castro de Orto
ParroquiaOrto
ConcelloAbegondo
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA15001001
Cronoloxía
Estado actualRegular
Extensión estimada2.34 ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

O castro de Orto é un castro situado na parroquia de Orto no lugar de Orto de Arriba, no concello coruñés de Abegondo.

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

Consta dun recinto fortificado cun único recinto central, de forma ovalada e tamaño considerable. Ten un diámetro máximo de case 180 metros no eixo NO-SL e uns 130 no eixo SO-NL. Está defendido por un muro e un terraplén[1]

Todo o conxunto está moi alterado.

Arqueoloxía[editar | editar a fonte]

Non se ten noticia de que se teñan realizado campañas arqueolóxicas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "PXOM: Concello de Abegondo". abegondo.gal. 26 de xuño de 2012. Consultado o 19 de febreiro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Castro_de_Orto&oldid=5069092"