Castro de Pereirales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°10′02″N 8°05′24″O / 43.1671884, -8.0900187

Castro de Pereirales
Castro de Pereirales Belén Oza Cesuras.jpg
Parroquia Rodeiro
Concello Ferrol
Provincia A Coruña
Comunidade autónoma Galiza
Id. catálogo GA15063007
Cronoloxía
Períodos de escavación non escavado
Estado actual abandono
Extensión estimada 1,3 ha.
Véxase tamén
Castros de Galiza

O castro de Pereirales ou castro de Belén, é un castro de chaira fortificado do concello de Oza-Cesuras.

Tiña forma ovalada. Duns 150 metros de leste a oeste e uns 300 metros de norte a sur. A zona está protexida e rexistrada por patrimonio. O castro está dividido por peches de leiras con plantacións de eucaliptos, prados e un pendello para a cría de gando. A parte ocupada por eucaliptos foi achairada para facer a plantación. Nos prados vese unha elevación do terreo onde deberían estar as defensas do castro. Só quedan uns 20 metros de muralla.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Castro_de_Pereirales&oldid=4740323"