Castro de Santa Cecilia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Coordenadas: 43°30′39″N 8°12′00″O / 43.51093, -8.20005

Castro de Santa Cecilia
Castro de Santa Icía Ferrol.jpg
Parroquia Santa Cecilia
Concello Ferrol
Provincia A Coruña
Comunidade autónoma Galiza
Id. catálogo GA15036007
Cronoloxía
Períodos de escavación non escavado
Estado actual destruído
Véxase tamén
Castros de Galiza

O Castro de Santa Cecilia ou Castro de Santa Icía é un poboado castrexo fortificado de chaira situado no concello de Ferrol[1][2].

Descrición[editar | editar a fonte]

Vista do castro de Santa Icía a mediados dos anos 1950.
Vista do que queda dun dos muros do castro empregado coma linde entre leiras (entre a estrada e o rego).

O castro foi destruído hai tempo para construír vivendas, só queda no terreo unha pequena elevación, un pequena parte do muro empregada coma linde de leiras e na zona o topónimo Castro.

O castro tiña forma case circular duns 60 ou 70 metros de diámetro. Había dous tramos dun segundo muro ao NL que delimitaban o que puidera ser o antecastro ou protección da entrada. O castro tiña dúas entradas: unha posterior ao NO e outra ao NL. Os muros da croa e do antecastro eran de pedras e terra. Pola banda NL un rego do río Freixeiro contornea o castro. Nos traballos da terra apareceron pedras circulares.

Preto del está o Castro A Croa de San Pedro de Leixa.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Castro_de_Santa_Cecilia&oldid=4740225"