Castro dos Prados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Coordenadas: 43°43′24″N 7°48′45.6″O / 43.72333, -7.812667

Castro dos Prados
Castro da Punta dos Prados.JPG
Parroquia Espasante
Concello Ortigueira
Provincia A Coruña
Comunidade autónoma Galicia
Id. catálogo GA15061002
Cronoloxía
Datas de ocupación ?
Data da descuberta ?
Períodos de escavación 1987-1992
Estado actual ?
Extensión estimada 0,9 ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

O Castro dos Prados ou Castro de Punta dos Prados é un poboado pertencente á Cultura castrexa, un castro dos coñecidos como costeiros.

Situación[editar | editar a fonte]

Castro situado no concello de Ortigueira na provincia da Coruña, concretamente na parroquia de San Xoán de Espasante.

Ocupa unha das tres penínsulas que delimitan a rada da praia de Santo Antón de Espasante, estando moi próximos o Castro de Coroa de Ladrido e o Castro do Tallo de Ladrido e tamén unha vila romana.

Descrición[editar | editar a fonte]

O único acceso por terra ao sitio arqueolóxico conta cun sistema defensivo composto de dous foxos intercalados por dúas murallas e un parapeto case desaparecido.

Houbo varias intervencións arqueolóxicas, distribuídas en cinco campañas entre os anos 1987 a 1992.

O castro tivo dous momentos diferentes de ocupación, cunha posible cronoloxía do segundo momento entorno ao século I a.c. momento que parece coincidir co do elemento mais importante atopado neste castro, o Monumento con Forno ou Pedra Fermosa ou formosa, do tipo de construcións hipoxeas atopadas nos grandes castros da zona portuguesa, e un dos poucos exemplos da zona galega xunto co de "Augas Santas" en Allariz. A súa planta distribúese en Adro, Cámara, Antecámara e Forno, sendo a interpretación actual maioritaria que o seu uso era como balneario de vapor, e no cal a pedra fermosa, profusamente decorada e de aí o seu nome, constituía o sistema de acceso.

Durante as escavacións recuperouse numeroso material cerámico (indíxena, terra sigillata, anacos de ánforas...), muíños circulares, fusaiolas, alisadores, fibelas, fíbulas de traveseiro longo e un as de bronce de época imperial (datado no 26 a.c.). Vinculados a estes restos óseos de gando vacún, ovicaprino e porcino, así coma cunchas de diferentes especies (ameixa, mexillón, berberecho, ostras...).

Galería de Imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Castro_dos_Prados&oldid=4740007"