Castro grande de Alcaiana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Coordenadas: 43°09′43″N 8°20′46″O / 43.1619601, -8.3460713

Castro grande de Alcaiana
Parroquia Vizoño
Concello Abegondo
Provincia A Coruña
Comunidade autónoma Galicia
Id. catálogo GA15001013
Cronoloxía
Datas de ocupación I-IV d.c.(?)
Estado actual Conservación regular
Extensión estimada 1.68 ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

O castro grande de Alcaiana, ou de Eira do Coto, é un castro da idade ferro romano situado en Malata, na parroquia de Vizoño do concello coruñés de Abegondo[1]..

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

Consta dun recinto fortificado principal de planta circular defendido por un alto parapeto. Ten unha plataforma exterior polo lado sueste, que se defende cunha dobre liña de muros con foxo intermedio. Nas partes norte e oeste aproveitan a caída natural do terreo. O parapeto está cortado polo acceso ó recinto central, na parte sueste, xunto con entullo recente no recinto central[1].

Ten unhas dimensións en planta duns 120 por 140 metros.

Arqueoloxía[editar | editar a fonte]

Non se ten noticia de que se teñan realizado campañas arqueolóxicas.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Castro_grande_de_Alcaiana&oldid=4740477"