Castropol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°32′N 07°00′O / 43.533, -7.000

Castropol
Bandeira de Castropol Escudo de Castropol
Castropol Ribadeo.JPG
Castropol visto dende Ribadeo
Situación
Castropol.png
Xentilicio[1] castropolego
Xeografía
Provincia Provincia de Asturias
Comarca Eo-Navia
Poboación 3.713 hab. (2012)
Área 125,77 km²
Densidade 29,52 hab./km²
Entidades de poboación 9 parroquias
Capital do concello Castropol
Política (2003)
Alcalde José Ángel Pérez García (PSOE)
Concelleiros PP:
PSOE:
Outros:
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes %
Páxina web oficial
https://www.castropol.es/

Castropol é un concello asturiano galegofalante,[3][4][5] limítrofe con Galiza coa ría de Ribadeo por medio. No ano 2005 tiña 3.998 habitantes.

A capital do Concello é Castropol, e ten como vila de tanta ou maior importancia actual ás Figueiras, ámbalas dúas con porto sobre a ría. É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «castropolego»[6] ou «castropolés».

Vista de Castropol desde a Capela de San Miguel, en Ribadeo, coa enseada da Liñeira á esquerda e a ría de Ribadeo por medio.

Parroquias[editar | editar a fonte]

O concello de Castropol compónese de nove parroquias [7]

  • Balmonte
  • Panel da ruta costeira Castropol-As Figueiras, á beira da ría de Ribadeo
    Panel da ruta costeira Castropol-As Figueiras, á beira da ría de Ribadeo
    Barres
  • Castropol
  • As Figueiras
  • Moldes
  • Piñeira
  • Presno
  • Seares
  • Tol

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución da poboación de Castropol dende 1920 ata 2007:

Historia[editar | editar a fonte]

A partir de 1904 foi escenario dun intento político de renovación promovido por Vicente Loriente Acevedo, un castropolense que fixera fortuna en Cuba. Creou o "Partido Independiente de Castropol", popularmente coñecido como "Partido Novo", co obxectivo declarado de loitar contra o caciquismo conservador e rexenerar no só a vida política senón tamén a educativa e cultural da Asturias occidental. Publicaron o periódico decenal Castropol. O Partido Independiente obtivo significativos éxitos nas eleccións locais e provinciais, pero fracasou no seu desafío aos conservadores nas eleccións a deputados a Cortes de 1910, nas que Loriente non logrou, por moi pouco, o desexado escano fronte a Benito Castro García. A formación castropolense rematou integrándose no Partido Reformista liderado polo político republicano Melquíades Álvarez, e foi este o que nas eleccións de 1914 logrou a elección como deputado do distrito de Castropol, revalidando a elección en 1916, 1919, 1920 e 1923. Coa ditadura de Primo de Rivera desapareceu o decenario Castropol.

Entre 1938 e 1943 o seu torritorio albergou o Campo de concentración de Arnao.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Castropol.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.
  3. Pérez Bouza, José A. (1996). El Gallego. LINCOM Europa. p. 1. ISBN 9783895860126. 
  4. Carrasco González, Juan M.; Viudas Camarasa, Antonio, eds. (1996). Actas del Congreso Internacional Luso-Español de Lengua y Cultura en la Frontera: Cáceres, 1 al 3 de diciembre de 1994 1. Universidade de Extremadura. p. 283. ISBN 9788477232377. 
  5. Fernández Rei, Francisco (1994). "Delimitación xeográfica e características lingüísticas do galego de Asturias". Britonia. Revista de Estudios da Terra Navia-Eo (1): 123–137. ISSN 1134-900X. 
  6. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 36. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  7. http://www.ciberirmandade.org/abertal/component/option,com_docman/task,doc_view/gid,16/Itemid,41/[Ligazón morta]
Asturias | Parroquias de Castropol

Balmonte | Barres | As Figueiras | Moldes | Piñeira | Presno | Seares | Tol

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Castropol&oldid=5058278"