Catarina de Medici

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Catarina de Medici
Catherinedemedicishadow.jpg
Nacemento 13 de abril de 1519 e 1519
  Florencia
Falecemento 5 de xaneiro de 1589 e 1589
  Castelo de Blois
Causa Pneumonía
Soterrada Basílica de Saint-Denis
Nacionalidade Francia
Relixión Igrexa católica
Ocupación raíña consorte e regent
Pai Lorenzo di Piero de Médici
Nai Madalena de La-Tour de Auvérnia
Cónxuxe Henrique II de França
Fillos Francisco II de Francia, Isabel de Valois, Rainha de Espanha, Cláudia de Valois, Luís III de Orleães, Carlos IX de França, Henrique III de França, Margarida de Valois, Francisco, Duque de Anjou, Victoria of Valois e Joan of Valois
Irmáns Alexandre de Médici e António de Médici
1562 signature of Catherine de' Medici, Queen of France.jpg
editar datos en Wikidata ]

Catarina de Médici, nada en Florencia, Italia o 13 de abril de 1519 e finada no castelo de Blois, Francia, o 5 de xaneiro de 1589 foi unha nobre italiana, filla de Lourenzo II de Medici e Magdalena de la Tour de Auvernia. Como esposa de Henrique II de Francia, foi raíña consorte de Francia dende 1547 a 1559. Nese país é máis coñecida como Catherine de Médicis.

En 1533, aos catorce anos, Catarina contraeu matrimonio con Henrique, segundo fillo do rei Francisco I de Francia e da raíña Claudia de Francia. Durante o seu reinado, Henrique excluíu a Catarina de participar nos asuntos de estado e no seu lugar desfíxose en favores coa súa amante, Diana de Poitiers, que exercía unha grande influencia sobre el. Con todo, a morte de Henrique empurrou a Catarina á política como nai do fráxil rei de quince anos, Francisco II, e cando este morreu en 1560, Catarina pasou a ser rexente en nome do novo rei, o seu fillo de só dez anos Carlos IX, o que lle concedeu amplos poderes. Trala morte de Carlos en 1574, Catarina volveu interpretar un papel clave no reinado do seu terceiro fillo, Henrique III, monarca que só prescindiu dos consellos da súa nai nos seus últimos meses de vida.

Os tres fillos de Catarina reinaron nunha etapa de constantes guerras civís e relixiosas en Francia. Os problemas aos que se enfrontaba a monarquía eran complexos e de enormes proporcións. Ao principio Catarina prometeu e fixo concesións aos rebeldes protestantes franceses, que comezaron a ser coñecidos como hugonotes. Non obstante, nunca comprendeu as cuestións teolóxicas que impulsaron o seu movemento, e máis tarde a ira e a frustración levárona a aplicar liñas máis duras na súa política contra eles.[1] Como consecuencia, chegou a ser culpada das excesivas persecucións contra os protestantes que se desenvolveron durante os reinados dos seus fillos, en particular da matanza de San Bertomeu de 1572, en que foron asasinados miles de hugonotes en París e por toda Francia.

Algúns historiadores eximiron a Catarina de culpa nas peores decisións da coroa francesa, aínda que as evidencias da súa crueldade se atopan nas súas cartas.[2] Na práctica, a súa autoridade estivo sempre limitada polas guerras civís. Polo tanto, as súas decisións políticas poden considerarse como intentos desesperados por manter a dinastía Valois no trono de Francia a toda costa, e o seu padroado das artes, un intento de glorificar unha monarquía cun prestixio que estaba en franca decadencia.[3] É improbable que sen Catarina os seus fillos lograsen manterse no poder,[4] e de feito os anos das súas rexencias chámanse "a era de Catarina de Medici",[5] pois segundo o seu biógrafo Mark Strage, Catarina foi a muller máis poderosa do século XVI en Europa.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Knecht, Catherine de' Medici, p. 272.
  2. Knecht, p. 272. Para un resumo das flutuacións na reputación histórica de Catarina, véxase o prefacio do libro de R. J. Knecht, Catherine de' Medici, 1998: xi–xiv.
  3. Sutherland, Ancien Régime, p. 20.; Frieda, p. 454–55.
  4. Sutherland, Ancien Régime, p. 26.
  5. Thomson, p. 97; Sutherland, Ancien Régime, p. 3; Neale, The Age of Catherine de Medici.
  6. Strage, Mark (1976). Women of Power: The Life and Times of Catherine de' Medici. Londres e Nova York: Harcourt, Brace & Jovanovich. Prólogo, p.xi.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Babelon, Jean-Pierre. "The Louvre: Royal Residence and Temple of the Arts". Realms of Memory: The Construction of the French Past. Vol. III: Symbols. Editado por Pierre Nora. Traducido so inglés por Arthur Goldhammer, editado por Lawrence D. Kritzman. Nova York: Columbia University Press, 1998. ISBN 0-231-10926-1. (en inglés)
  • Blunt, Anthony. Art and Architecture in France: 1500–1700. New Haven, Connecticut: Yale University Press, 1999. ISBN 0-300-07748-3. (en inglés)
  • Brantôme, Pierre de Bourdeille. Illustrious Dames of the Court of the Valois Kings. Traducido ao inglés por Katharine Prescott Wormeley. Nova York: Lamb, 1912. OCLC 347527. (en inglés)
  • Bryson, David M. Queen Jeanne and the Promised Land: Dynasty, Homeland, Religion and Violence in Sixteenth-century France. Leiden y Boston, Massachusetts: Brill Academic, 1999. ISBN 90-04-11378-9. (en inglés)
  • Carroll, Stuart. Noble Power During the French Wars of Religion: The Guise Affinity and the Catholic Cause in Normandy. Cambridge: Cambridge University Press, 2005. ISBN 0-521-02387-4. (en inglés)
  • Dimier, L. French Painting in the XVI Century. Traducido ao inglés por Harold Child. Londres: Duckworth, 1904. OCLC 86065266. (en inglés)
  • Frieda, Leonie. Catherine de Medici. Londres: Phoenix, 2005. ISBN 978-0-06-074492-2. (en inglés)
  • Guy, John. My Heart Is My Own: The Life of Mary Queen of Scots. Londres: Fourth Estate, 2004. ISBN 1-8411-5752-X. (en inglés)
  • Hearn, Karen, ed. Dynasties: Painting in Tudor and Jacobean England, 1530–1630. Nova York: Rizzoli, 1995. ISBN 0-8478-1940-X. (en inglés)
  • Heller, Henry. Anti-Italianism in Sixteenth-century France. Toronto: University of Toronto Press, 2003. ISBN 0-8020-3689-9. (en inglés)
  • Heritier, Jean. Catherine de' Medici. Traducido ao inglés por Charlotte Haldane. Londres: George Allen and Unwin, 1963.OCLC 1678642. (en inglés)
  • Holt, Mack P. The French Wars of Religion, 1562–1629. Cambridge: Cambridge University Press, 2005. ISBN 0-521-54750-4. (en inglés)
  • Hoogvliet, Margriet. "Princely Culture and Catherine de Médicis". En Princes and Princely Culture, 1450–1650. Editado por Martin Gosman, Alasdair A. MacDonald y Arie Johan Vanderjagt. Leiden y Boston, Massachusetts: Brill Academic, 2003. ISBN 90-04-13572-3. (en inglés)
  • Jollet, Etienne. Jean et François Clouet. Traducido ao inglés por Deke Dusinberre. París: Lagune, 1997. ISBN 0-500-97465-9. (en inglés)
  • Knecht, R. J. Catherine de' Medici. Londres e Nova York: Longman, 1998. ISBN 0-582-08241-2. (en inglés)
  • Knecht, R. J. The Rise and Fall of Renaissance France, 1483–1610. Oxford: Blackwell, 2001. ISBN 0-631-22729-6. (en inglés)
  • Lee, Carol. Ballet in Western Culture: A History of Its Origins and Evolution. Londres: Routledge, 2002. ISBN 0-415-94256-X. (en inglés)
  • Manetsch, Scott Michael. Theodore Beza and the Quest for Peace in France, 1572–1598. Leiden y Boston, Massachusetts : Brill Academic, 2000. ISBN 90-04-11101-8. (en inglés)
  • Morris, T. A. Europe and England in the Sixteenth Century. Londres e Nova York: Routledge, 1998. ISBN 0-415-15040-X. (en inglés)
  • Neale, J. E. The Age of Catherine de Medici. Londres: Jonathan Cape, 1943. OCLC 39949296 (en inglés)
  • Pettegree, Andrew. Europe in the Sixteenth Century. Oxford: Blackwell, 2002. ISBN 0-631-20704-X. (en inglés)
  • Strage, Mark. Women of Power: The Life and Times of Catherine de' Medici. Nova York e Londres: Harcourt, Brace Jovanovich, 1976. ISBN 0-15-198370-4. (en inglés)
  • Sutherland, N. M. Catherine de Medici and the Ancien Régime. Londres: Historical Association, 1966. OCLC 1018933. (en inglés)
  • Sutherland, N. M. The French Secretaries of State in the Age of Catherine de Medici. Londres: Athlone Press, 1962. OCLC 1367811. (en inglés)
  • Sutherland, N. M. The Massacre of St Bartholomew and the European Conflict, 1559–1572. Londres: Macmillan, 1973. ISBN 333136292. (en inglés)
  • Sutherland, N. M. Princes, Politics and Religion: 1547–1589. Londres: Hambledon Press, 1984. ISBN 0-907628-44-3. (en inglés)
  • Strong, Roy. Art and Power: Renaissance Festivals, 1450–1650. Woodbridge, UK: Boydell Press, 1984. ISBN 0-85115-247-3. (en inglés)
  • Thomson, David. Renaissance París: Architecture and Growth, 1475–1600. Berkeley: University of California Press, 1984. ISBN 0-520-05347-8. (en inglés)
  • Tomas, Natalie R. The Medici Women: Gender and Power in Renaissance Florence. Aldershot, UK: Ashgate, 2003. ISBN 0-7546-0777-1. (en inglés)
  • Wilson, Ian. Nostradamus: The Evidence. Londres: Orion, 2003. ISBN 0-7528-4279-X. (en inglés)
  • Wood, James B. The King's Army: Warfare, Soldiers and Society during the Wars of Religion in France, 1562–76. Cambridge: Cambridge University Press, 1996. ISBN 0-521-55003-3. (en inglés)
  • Yates, Frances. The Valois Tapestries. 1959. Londres: Routledge & Kegan Paul, 1999. ISBN 0-415-22043-2. (en inglés)
  • Zerner, Henri. Renaissance Art in France. The Invention of Classicism. Traducido ao inglés por Deke Dusinberre, Scott Wilson y Rachel Zerner. París: Flammarion, 2003. ISBN 2-08-011144-2. (en inglés)
  • Zvereva, Alexandra. Les Clouet de Catherine de Médicis. París: Somogy, Éditions d'Art; Musée Condé, Château de Chantilly, 2002. ISBN 2-85056-570-9. (en inglés)
  • Young, G.F. The Medici: Volume II. 1920. Londres: John Murray. OCLC 288522172 (en inglés)
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Catarina_de_Medici&oldid=4947872"