Cecebre, Cambre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Cecebre
EncoroCecebre.jpg
Parroquia de Cecebre no concello de Cambre.png
Concello Cambre
Poboación 1.314 hab. (2016)
Entidades de poboación 16

San Salvador de Cecebre é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Cambre, na comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2016) ten 1.314 habitantes (648 homes e 666 mulleres), o que supón unha diminución en 29 habitantes en relación ao ano anterior. Ten 16 lugares.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución da poboación[editar | editar a fonte]

Segundo o INE:

Evolución da poboación desde 2001 ata 2012

2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012

1.248 1.259 1.274 1.310 1.322 1.334 1.414 1.428 1.433 1.427 1.385 1.359


Xeografía[editar | editar a fonte]

En Cecebre está situado o encoro formado pola confluencia dos ríos Mero e Barcés, que abastece de auga ao concello da Coruña. O encoro de Cecebre é un espazo natural protexido, de grande valor científico e ecolóxico, residencia de múltiples aves acuáticas.

Por esta parroquia atravesa a estrada AC-221.

Aquí atópase a fraga de Cecebre, lugar no que se desenvolve a obra El Bosque animado do escritor Wenceslao Fernández Flórez.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Nesta parroquia sitúase a Villa Florentina, lugar onde viveu o escritor Wenceslao Fernández Flórez e na que se instalou a súa Casa Museo.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Cecebre, Cambre.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Cecebre[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Cecebre no concello de Cambre (A Coruña)

Aldea de Arriba | Apeadeiro | Canal | Os Currás | O Espírito Santo | Fraís | Galiñeiros | A Granxa | Lendoiro | Mediavila | A Mota | O Pazo | Piñeiro | Quintán | Sobreguexe | O Volteiro

Parroquias de Cambre[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cambre

Anceis (San Xoán) | Andeiro (San Martiño) | Brexo (San Paio) | Bribes (San Cibrán) | Cambre (Santa María) | Cecebre (San Salvador) | Cela (San Xulián) | Meixigo (San Lourenzo) | Pravio (San Xoán) | Sigrás (Santiago) | O Temple (Santa María) | Vigo (Santa María)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Cecebre,_Cambre&oldid=4791946"