Cefalexina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cefalexina
Cefalexin.svg
Cefalexin ball-and-stick.png
Identificadores
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A cefalexina é un antibiótico beta-lactámico, pertencente á primeira xeración de cefalosporinas[1]. É activo fronte a bacterias grampositivas, coma Staphylococcus aureus, Streptococcus pneumoniae e algunhas especies de Streptococcus. Non ten actividade fronte a Enterococcus. Presenta unha leve actividade fronte a Enterobacteriáceas.

Dosificación[editar | editar a fonte]

A dose habitual é de 500 ou 1.000 miligramos cada 6 ou 8 horas. A dose debe reducirse en poboación pediátrica e en insuficiencia renal (filtrado glomerular menor de 50). Sitúase na categoría B da FDA durante o embarazo[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Josep Mensa Pueyo (2015). Guía de terapéutica antimicrobiana (en castelán). ISBN 9788488825155. 
  2. "Ficha técnica de "cefalexina" da FDA" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de febreiro de 2017. Consultado o 11 de setembro de 2018. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Cefalexina&oldid=5118769"