Ceftriaxona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ceftriaxona
Identificadores
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A ceftriaxona é un antibiótico do grupo das cefalosporinas, activo fronte a unha gran cantidade de bacterias, tanto grampositivas coma gramnegativas. Pódese administrar por vía intravenosa e intramuscular.

Mecanismo de acción[editar | editar a fonte]

A ceftriaxona é un antibiótico beta-lactámico, polo que altera a produción da parede bacteriana, uníndose ás proteínas ligandos da penicilina ou PBPs.

Usos[editar | editar a fonte]

Emprégase habitualmente en diversos tipos de infección: pneumonía, infección do tracto urinario, meninxite, endocardite (por patóxenos do grupo HACEK), peritonite bacteriana espontánea e outros.

Dosificación[editar | editar a fonte]

A dose máis habitual é de 2 gramos diarios, agás na meninxite, onde se administran 2 gramos cada 12 horas. Nos casos de insuficiencia renal moi grave (taxa de filtrado glomerular inferior a 10), a dose debe reducirse a 1 gramo diario.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Guía de terapéutica antimicrobiana 2008. Mensa J., Gatell J. Mª, Azanza J. R,, et al. Elsevier Doyma, 2008. ISBN 978-84-458-1813-8.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ceftriaxona&oldid=4916824"